6º Educación Infantil

CONTACONTOS: "VEXO VEO XACOBEO"

Esta proposta didáctica xorde ao abeiro do Programa Vexo Veo Xacobeo e vai dirixida a alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación  primaria de centros educativos situados nos Camiños de Santiago en Galicia. Consta dun conxunto de actividades que mostran a riqueza do patrimonio cultural e  natural do Camiño de Santiago, e traballan os valores que o definen como son o esforzo, a solidariedade, a hospitalidade e o respecto das diferenzas.

Visita a panadería 6ºE.I.

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil foi camiñando ata a panadería "Artesanos Peyma". Alí aprenderon a facer pan e tiveron a oportunidade de meter as man na masa.

SAÚDE BUCODENTAL

O pasado 17 de marzo o alumnado de Educación Infantil participou nun obradoiro da man de persoal cualificado do Centro de Saúde da Rúa no que se levaron a cabo as seguintes actividdades: visionado dunha película, charla explicativa e un obradoiro de cepillado de dentes.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer