Artística: Plástica

MURAL ENKI

Fundación ENKI trouxo ao noso colexio a súa iniciativa solidaria para a sensibilización social en relación coas persoas con dificultades visuais e auditivas. Trátase da campaña de murais en lingua de signos e sistema braille en centros educativos, con apoio da Xunta e a Deputación da Coruña.

Se tes a posiblidade de entrar, o mural atópase no muro da cancela da entrada principal.

Descarga o tríptico informativo premendo na seguinte imaxe:

Túnel do terror.

Este martes celebramos o Samaín e fixemos o túnel do terror.

LETRAS GALEGAS 2023 - FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Continuando coas actividades sobre a conmemoración da Semana das Letras Galegas, o martes 16 saimos ao patio do centro a cantar o himno galego e facer un percorrido pola vida e obra do autor homenaxeado.

Nesta ocasión queremos agradecer ao grupo Abertal que nos acompañara en dito evento, xunto ás pandereteiras Elsa e Paloma, alumnas de cuarto de Primaria.

Ao mesmo tempo, tamén se levou a cabo un mural sobre o autor empregando material de refugallo, como tapóns. Nesta ocasión contamos coa colaboración de Carina, artista local e nai dun alumno de sexto.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer