4º Curso

Sendeirismo e scouts

O 28 de maio o alumando de 4º fixo unha ruta de sendeirismo dende o centro ata a Reza. Alí fixeron actividades de Scouts en inglés con Brad: recoñecemento e avistamente de paxaros, practicaron nós e recoñeceron e pintaron follas. Completamos a ruta cara o cole volvendo pola beira do río Sil.

 

Visita ao Centro de Día

Este luns 29 o alumnado de 4ºA foi camiñando de visita ao Centro de Dia da Rúa. E hoxe martes 30 foi o turno do alumnado de 4ºB. Estas visitas foron motivo da celebración do Día Europeo da Solidariedade Interxeneracional.

Alí compartiron experiencias, xogaron xuntos e pasaron unha xornada diferente.

 

CONCURSO HAZLO VERDE

O traballo presentado por 4º de Educación Primaria do CEIP Manuel Respino "El jardín de las ideas" foi seleccionado entre os 10 mellores a nivel nacional. Precisamos do teu voto para ser o gañador!!

Vota polo noso traballo no seguinte enlace:

https://www.hazloverde.es/votacion-popular/

¡GRACIAS POLA TÚA COLABORACIÓN!

Obradoiro de Saúde Bucodental

Hoxe o alumando de cuarto participou nun obradoiro no que aprenderon sobre a importancia da saúde bucodental. 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer