Ed. Física

Copa das Casas

Este ano estreamos a:

Os grupos de Primaria compiten para ver que clase será a gañadora da Copa das Casas. A clase gañadora levará a copa para a súa clase e recibirá varios premios.

Compiten en Eduación Física, puntuando un mínimo de 0 puntos e máximo de 10 por sesión en función de aspectos actitudinais individuais e grupais. Polo tanto, poden gañar un total de 20 puntos por semana. Os luns actualizarase a clasificación sumando os puntos da semana anterior.

Moita sorte e recordade:

"Todos temos luz e oscuridade no noso interior. O que importa é que parte eleximos potenciar." Sirius Black (Harry Potter).

As Casas que compiten nesta primeria edición son as seguintes:

A clasificación na 31ª semana e final do 3º trimestre e do curso é a seguinte:

Pódese ver a entrega de premios na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelrespino/node/1600

Entrega de premios Copa das Casas 2024

O venres 21 co fin do curso escolar, tivo lugar o acto de entrega de premios da Copa das Casas. Esta competición da materia de Educación Física enfrontou a todos os grupos de Primaria, competindo por gañar puntos en función do comportamento nas clases.

Felicitacións a Casa Esnorlax (5ºA) polo terceiro posto, a Casa Porcinos (4ºB) polo segundo e a Casa de los Tigres (6º) polo primeiro posto e gañar a Copa.

"Traballar duro é importante, pero hai algo que importa máis, creer nun mismo." Harry Potter.

 

 

1ª Xornada Escolar de Orientación XOGADE en Valdeorras (2024)

O mércores 19 o alumnado de 4º, 5º e 6º desprazouse ata o Aguillón para participar na 1ª Jornada Escolar de Orientación XOGADE en Valdeorras (2024) con alumnado doutros centros da contorna.

O alumnado de 4º e 5º fixo tres laberintos con diferentes mapas e nivéis en cada un. O alumnado de 6º fixo unha carrera de orientación. Podedes ver toda a información da Xornada e os tempos dos nosos nenos e nenas de 6º na seguiente ligazón: https://fegado.es/events/view/dymd0flrjkbt/

 

Promoción Hockey Herba

O venres 14 o centro participou nunha xornada de Promoción de Hockey Herba organizada pola Federación Galega de Hockey en colaboración co Concello.

O alumnado de 5º e 6º fixo unha camiñata ata o campo de fútbol do Aguillón onde practicaron o deporte e o alumnado de 3º e 4º, por mor da chuvia, participou no patio cuberto do centro.

Presentaciones Club Atletismo Rúa

O luns 10 e martes 11 o Club Atletismo Rúa desprazouse ata o colexio para ensinarlle ao alumnado diferentes disciplinas de atletismo. FIxeron unha presentación no ximnasio onde pudieron ver diferente material (jabalinas, balas, martillo, disco, etc) e despois pasamos ao patio para facer a parte práctica.

Tiro con arco co Club Arqueiros do Sil.

O venres 7 de xuño o Club Arqueiros do Sil desprazouse ata o centro a ensinarlles a tirar o alumnado de 5º de Primaria. Primeiro fixeron unha presentación teórica no ximnasio, despois ollaron como tiraban os monitores e finalmente puideron probar a tirar varias frechas.

Presentación de Orientación do Club Pena Trevinca

Este pasado mércores 22 o Club Pena Trevinca acercouse o centro a ensinarlles ao alumnado de 4º e 5º o deporte de orientación. Fixeron unha presentación teórica no ximnasio e logo unha carrera de orientación con diferentes recorridos e dificultades no patio.

 

Xogando co Atletismo

O xoves 14 de marzo parte do alumnado de cuarto foi ata Ourense a participar nunha xornada provincial de Xogando co atletismo na pista de Expourense.

Alí desfrutaron dunha competición probando varias modalidades atléticas con alumnado doutros centros.

 

Jornada Deporte Adatado ENKI

O pasado xoves 22 o alumnado de 5º e 6º participou nunha xornada sobre deporte adaptado, impartida por dous colaboradores da Fundación ENKI.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer