Ed. Física

Jornada Deporte Adatado ENKI

O pasado xoves 22 o alumnado de 5º e 6º participou nunha xornada sobre deporte adaptado, impartida por dous colaboradores da Fundación ENKI.

Coreografías de Acrosport

Neste vídeo podedes ver un pequeno resume das coreografías de Acrosport que presentou o alumnado de 4º, 5º e  6º.

ACROSPORT !!!

 

Acrosport – IES Antonio Gala

 

Benvidos unha volta mais !!

 

Nesta ocasión traio para vos un reto un tanto acrobático e para o cal necesito que busquedes axuda.

Trátase da actividade ACROSPORT, que seguro que xa coñecedes, un deporte que consiste en formar figuras co propio corpo tanto de xeito individual como colectivo.

No acrosport podemos participar todos independentemente das nosas habilidades, xa que hai tres roles diferentes según as nosas capacidades, figura, ou necesidades (Portor, Acróbata ou Axudante).

É importante saber que hai varias formas de agarrarnos para estar mais seguros, así como unhas normas de seguridade que hai que cumprir para garantizar a seguridade de todos.

Toda esta información aparece recollida e resumida no seguinte vídeo (preme na imaxe para acceder). Os 3 primeiros minutos son explicativos e o resto son algunhas mostras de composicións de acrosport. Mírao con calma e faite todo un experto!

 

Acrosport (con imágenes) | Chico yoga, Acrosport figuras, Niños ...

 

No seguinte enlace (Preme na seguinte imaxe) deixovos posibles composicións para facer en función do número de persoas que sodes e do nivel de dificultade. Bota unha ollada e intenta facer as máximas posibles!!

 

My PE Teacher Is Nuts: ACROSPORT FIGURES (con imágenes) | Posturas ...

 

Reúne a toda a familia e intentade crear o maior número de figuras posible.

Recordade ter moito coidado e usar todas as medidas de seguridade que poidades.

Se tedes calquera dúbida, preguntádeme sen problema algún, tanto de posición, execución, postura ou calquera cousa que non entendades... do que sexa, PREGUNTÁDEME

 

MÁNDAME AS VOSAS CREACIÓNS AO MEU CORREO ELECTRÓNICO!!!!

manuel.teijeiro.rodriguez@edu.xunta.es

 

 

 

 

 

 

COÑÉCETE PARA SABER MAIS !!

 

Moi boas de novo !!

Pensamos que sabemos moito sobre nós... pero realmente sabemos como funcionamos? Que é o que nos ocorre por dentro para poder facer e sentir todo o que nos pasa?

 

Para que teñades toda a información que necesitades para entendervos mellor e ser todos uns expertos e expertas do funcionamento do voso propio corpo, vouvos a deixar un enlace no que podedes acceder a todos os órganos, aparatos, sistemas, e outras informacións sobre o corpo humano, cunha información amena e divertida, con explicacións claras e concretas ademais de test de repaso para comprobar o teu saber.

Anímote a que visites a páxina durante estos días e vaias visitando cada un dos apartados (Corpo Humano e Sistemas do Corpo Humano) que aparecen ata coñecer cada rincón do teu propio corpo, sabendo así todo o que che ocorre por dentro, e porque che suceden determinados comportamentos, e poidas explicarte mooooitas cousas do día a día.

 

Sabes porqué notamos os distintos sabores nos alimentos? Que no oído están os osos mais pequenos do corpo humano? Cántas veces respiramos en un minuto? ....

Moitas preguntas que responder e moitas curiosidades que descubrir !!!

 

Preme na seguinte imaxe para ir á páxina:

 

 

Tes algunha dúbida, pregunta...? Necesitas algunha aclaración ou mais información sobre algo? Escríbeme sen problema e intentarei responder a tódalas cuestións que necesites.

 

Anímate a coñercerte mellor, e non dubides en ensinarlle a todo o mundo os teus descubrimentos e...  presume de saber !!!

 

 

 

 

 

 

 

A QUÉ XOGAMOS???

 

Moi boas unha vez mais!!

Desta volta vou contar coa vosa colaboración como investigadores, e propóñovos que realicedes unha tarefa de investigación.

En qué consiste? Pois moi sinxelo, vouvos a propor un deporte alternativo por cursos, e facilitovos unha plantilla para que a completeis coa información que recopileis sobre o deporte que vos tocou. Para os mais peques van ter a vantaxe de que poden facelo sobre o deporte ou actividade que mais lles guste.

Para facelo, tedes a plantilla que hai que completar ao clicar no voso curso, pero se non podedes facelo ahí deixovos a opción de que vos gravedes en vídeo facendo a explicación do deporte ou actividade tendo en conta as preguntas da plantilla.

 

1º e 2º     Deporte ou Actividade favorita

 

3º e 4º     DATCHBALL

 

5º e 6º     A TRIPELA

 

Vamos a coñecer novas actividades para poder poñelas en práctica o antes posible, investigade sobre estos deportes que moi pronto poderemos probar nas nosas clases, e que vos aseguro que son mooooi divertidos.

 

Moito ánimo e a seguir así !

 

 

 

 

 

 

SALTARINES !!!

 

Moi boas de novo !!

Hoxe preséntovos un novo reto para que vos poñades a proba.

Trátase de saltar a maior altura posible marcada por rollos de papel hixiénico. Cada rollo apilado establece un nivel, ata cal te ves capaz de chegar???

 

Para esta ocasión tiven tamén a colaboración dun rapaz de 7 anos que me demostrou ata onde era capaz de saltar, poderás superalo?

 

Ademáis, ao final do vídeo atoparás mais actividades que se poden levar a cabo con este material tan "de moda", pero son só un exemplo de moitas posibilidadades, ocórreseche algunha mais?

Que non che de vergoña e envíame por correo o teu reto, e as actividades que se che ocorran que se poden facer con papel hixiénico.

Para ver o vídeo preme na seguinte imaxe:

 

 

 

 

 

Se tes calquera problema para enviarmos por correo (polo tamaño do vídeo, formato...) ponte en contacto conmigo para ver outras opcións (móvil, etc.).

 

Anímate e móstrame de qué eres capaz !!!

 

 

 

 

 

O QUECEMENTO FÍSICO

 

 

 

Benvidos unha volta mais !!

 

Nesta ocasión traiovos comigo: O QUECEMENTO!!!

Tóoooodolos días de educación física comezamos a clase con esta parte fundamental que a chamamos quecemento, pero... sabemos o que é???

Pois o quecemento é un conxunto de exercicios ordenados dun xeito gradual que moviliza músculos e articulacións coa finalidade de preparar o noso corpo para un mellor rendemento no exercicio que se vaia a facer, así como de evitar algún tipo de lesión física ou contractura muscular.

 

 

 

De ahí a súa importancia e de que o realicemos tódolos días. Pero recordade que non só se debe de levar a cabo nas sesións de educación física, senón que o temos que realizar antes de calquera actividade física ou deporte.

Durante todo este tempo estivemos a facer un quecemento concreto, o cal vos propuxen para facer en tódalas sesións e que cada día dous de vos o dirixirais para o resto de compañeiros, pois ben, chegou a hora de manter os bos hábitos e asegurarme de que aínda non vos esquecestes do que estou a falar. (Preme no teu curso para ver a tarefa a realizar)

 

1º e 2º CURSO

 

3º e 4º CURSO

 

5º e 6º CURSO

 

Anímovos a participar e demostrar que estades en plena forma, e que recordades todo o traballado durante este curso. 

Dicir que sodes libres de crear o voso propio quecemento según os vosos gustos e preferencias.

 

Que non vos dé vergoña e adxuntádeme vídeos, fotos, documentos... ao meu correo electrónico:  manuel.teijeiro.rodriguez@edu.xunta.es

(Hai límite de espazo para o envío de arquivos multimedia, polo que vos recomendo que sexan vídeos curtos).

 

Forza e diversión IMPARABLES !!

 

 

 

 

 

 

COORDÍNATE !!!

 

Moi boas !!!!

Nesta ocasión propóñovos retos de coordinación dinámica xeral, sabedes o que é?

Pois así resumidamente e de xeito rápido podemos dicir que é a capacidade que nos permite controlar o noso corpo cando está en desprazamento, utilizando un gran número de segmentos corporales, axustandoo a un tempo e a un espazo determinado, sendo conscientes de onde estamos e que facemos en cada momento.

 

Presentovos un total de 13 retos de coordinación en desprazamento, onde teremos que poñer especial atención ás baldosas do chán, xa que van  a ser as que delimiten o noso desprazamento.

 

Para esta ocasión conto coa colaboración dun rapaz de 7 anos que intentou superalos todos.

 

Anímovos a que o intentedes independentemente da vosa idade, xa que a dificultade vaia a estar na velocidade coa que o fagades, polo que vos reto a que os probedes a facer á maxima velocidade sen sairvos das baldosas, e si non podedes baixade unha marcha jeje.

Facede cada exercicio completo tanto a ida como a volta ao punto de saída, así como con cada perna cando sexa sobre unha soa.

 

Premede na seguinte imaxe para acceder ao vídeo demostrativo:

 

 

 

 

Concentrádevos e intentade facelo o máis rápido posible, e si tes ocasión reta a outras persoas a que te superen !!

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO LUDOS

 

 

Moi boas rapaces e rapazas !!

 

Nesta ocasión deixovos o enlace ao PROXECTO LUDOS, un recurso informático a través do cal traballaremos contidos da Educación Física dun xeito divertido e dinámico, a través de moitas actividades interactivas. 

Dentro atoparás tres "Parques temáticos" que se corresponden aos distintos cursos de primaria, estando DIVERLAND enfocado ao 1º e 2º curso, LUDOLAND enfocado a 3º e 4º e MOVILAND para 5º e 6º, estos cursos son orientativos, así que, que non che de reparo pasarte por tódolos parques que hay.

Dentro de cada un deles atoparás diferentes actividades con diferentes dificultades, vai buscando tódalas opcións que che permite o teu parque temático.

 

Preme na seguinte imaxe para ir directamente:

 

 

 

Anímote a que visites o teu parque temático e consigas atopar e acabar con tódalas actividades que che propón !!

Actividades relacionadas coa Educación Física divertidas, dinámicas e rápidas, prepárate para dar unha volta por aquí   ;)

 

 

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer