SALTARINES !!!

 

Moi boas de novo !!

Hoxe preséntovos un novo reto para que vos poñades a proba.

Trátase de saltar a maior altura posible marcada por rollos de papel hixiénico. Cada rollo apilado establece un nivel, ata cal te ves capaz de chegar???

 

Para esta ocasión tiven tamén a colaboración dun rapaz de 7 anos que me demostrou ata onde era capaz de saltar, poderás superalo?

 

Ademáis, ao final do vídeo atoparás mais actividades que se poden levar a cabo con este material tan "de moda", pero son só un exemplo de moitas posibilidadades, ocórreseche algunha mais?

Que non che de vergoña e envíame por correo o teu reto, e as actividades que se che ocorran que se poden facer con papel hixiénico.

Para ver o vídeo preme na seguinte imaxe:

 

 

 

 

 

Se tes calquera problema para enviarmos por correo (polo tamaño do vídeo, formato...) ponte en contacto conmigo para ver outras opcións (móvil, etc.).

 

Anímate e móstrame de qué eres capaz !!!

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer