Artística: Musica

Día da Paz

Hoxe celebramos o Día da Paz. Límos un pequeno manifesto e fixéronse varias representacións para todo o centro.

CONCURSO "CANTAMOS COAS MANS" - Lingua de signos:

Para votar, pinchad en la imagen que aparece a continuación.

Banner Votacion

 
Como colofón a este concurso este vindeiro XOVES 10 DE XUÑO ÁS 19:00 H, faremos un programa en directo no que daremos a coñecer os centros gañadores. Poderedes seguilo tanto na nosa páxina de Facebook como a través da nosa canle de YouTube, na seguinte ligazón: https://youtu.be/UW0HJTxsU-Y
 
Este ano sodes 28 os centros participantes, o que nos pon moi difícil a elección dos gañadores, xa que as propostas son moi diversas e teñen moi bo nivel. 
 
Como sabedes polas bases do concurso, hay dous tipos de premios, os do xurado, e o premio do público, que resolveremos da seguinte maneira:
  • Premio do público: Este luns 7 de xuño publicaremos todos os vídeos na nosa web, e abriremos o periodo de votacións do público. As votacións son abertas pero cada persoa poderá votar unha única vez. O prazo finalizará o xoves 10 ás 12:00 h do mediodía, e o gañador dese premio o daremos a coñecer no directo das 19:00 h.
  • Premios do xurado. Tamén este luns 7 daremos a coñecer a selección do xurado cos centros que quedan como finalistas do concurso e que optarán ao premio final. O centro ou centros gañadores darémolos a coñecer tamén no directo do xoves.
Deste xeito o directo do xoves 10 será unha entrega virtual dos premios, xa que este ano non podemos organizar un acto presencial coma en edicións anteriores. Encantaríamos contar coa participación de todos os centros, pero por loxística non nos é posible. O que seguramente sí faremos é contactar individualmente con algúns de vós, polo que pregámosvos que nos vindeiros días esteades atentos aos vosos correos electrónicos.
 
Tamén aproveitamos a ocasión para comentarvos que, ademáis dos premios, que serán un lote de libros relacionados coa lingua de signos,  prepararemos un pequeno agasallo para todos os colexios en agradecemento polo voso traballo.
 
¡Animámosvos a todos/as a ver e compartir os vídeos e o directo do vindeiro xoves! A información acabámola de publicar tamén na nosa web: https://www.faxpg.es/final-concurso-cantamos-con-las-manos-es.html 
 
De novo, moitas grazas por todo, agardamos que esteades a desfrutar tanto do concurso como o estamos a facer nós.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer