CONVIVENCIA E BENESTAR

Jornada Deporte Adatado ENKI

O pasado xoves 22 o alumnado de 5º e 6º participou nunha xornada sobre deporte adaptado, impartida por dous colaboradores da Fundación ENKI.

OBRADOIRO MICROSOFT: "CONSTRUINDO O FUTURO"

No marco da celebración do Día Internacional das Nenas e a Tecnoloxía o día 11 de febreiro, Microsoft quixo recoñecer o labor dos máis de 100 empregados e empregadas que, ofrecen, de forma voluntaria, charlas inspiracionales entre estudantes de toda España, dando, entre outras cousas, visibilidade ás novas enxeñeiras e especialistas técnicas da compañía como modelos a seguir, ao ser exemplos do talento feminino de éxito e de como aproveitar as oportunidades existentes nun mundo cada vez máis dixital. Este foi precisamente o obxectivo do noso Obradoiro “Construíndo o futuro” levado acabo no día de hoxe, unha iniciativa MakeWhatsNext, que Microsoft lanzou en 2016 para fomentar as vocacións tecnolóxicas e científicas desde a infancia, dando visibilidade a referentes femininos de éxito e traballando pola diversidade e equidade na contorna laboral, con actividades de programación adaptadas ás distintas idades nas que os nenos e nenas puideron crear xogos e aplicacións utilizando Makecode.org ou Minecraft e coas que se axudou a espertar o interese polas disciplinas STEM, dunha forma atractiva e amena.

 

Día da Paz

Hoxe celebramos o Día da Paz. Límos un pequeno manifesto e fixéronse varias representacións para todo o centro.

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

En colaboración co Servizo Galego de Saúde, o alumnado de 3º de Educación Primaria partcipou no obradoriro "Pupas,sustos e outros disgustos" onde unha enfermeirra educadora do Centro de Saúde de A Rúa acompañada dunha monitora de apoio, ensinaron aos nenos e nenas previr problemas de saúde a través de hábitos saudables co propósito de capacitalos para actuar ante distintos problemas de saúde por medio do entretemento e reforzando positivamente as condutas adecuadas e os valores con xogos e dinámicas de grupo.

 

25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

GAÑADORA DO CONCURSO:

LAIA CASAS ACUÑA (5ºA)

CEIP MANUEL RESPINO 

Día do Pixama

Este luns celebramos o Día Internacional dos dereitos do neno e da nena co Día do pixama, visualizando cortos no ximnasio.

 

DÍA DOS DEREITOS DO NENO E A NENA

O Día do Pixama é unha actividade solidaria, lúdica e educativa, na que os protagonistas son os nenos e nenas que dan visibilidade a outros nenos e nenas baixo o lema "todo/a neno/a ten dereito a medrar en familia".

É unha iniciativa da Asociación Estatal de Acollemento Familiar (AEAF) coa que este curso queremos colaborar e que cada 20 de novembro, coincidindo coa aprobación da Convención Internacional dos  Dereitos do Neno e a Nena, se pretende dar visibilidade e sensibilizar sobre o dereito a medrar en familia de todos os nenos, nenas e adolescentes.

Este ano, o acto principal nos colexios, institutos e escolas infantís que participan na actividade será que o alumnado de Educación Infantil e Primaria acuda este día ao centro educativo en pixama, unha prenda que pretende simbolizar o tempo en familia e a importancia do mesmo para asentar os alicerces dunha infancia feliz. Ademais, durante esa xornada, nos diferentes niveis educativos desenvolveranse actividades relacionadas coa importancia da familia, dando a coñecer o acollemento familiar como recurso que ofrece aos menores separados das súas familias biolóxicas a posibilidade de medrar con outra familia que os acolle, acompaña e quere, durante o tempo que sexa necesario.

Creemos que "O Día do Pixama" pode ser gran experiencia educativa con tres compoñentes: solidaria, educativa e lúdica.

- É un día que promove a escola de valores, fomentando a solidariedade, á vez que permite conectar familia e escola poñendo en valor a importancia da familia.

- É un día educativo que axuda aos nenos e nenas a identificar e expresar sentimentos, emocións e vivencias, á vez que ofrece a posibilidade de traballar a diversidade permitindo ao alumnado empatizar con outras realidades familiares e coñecer alternativas familiares diferentes.

- É un día divertido que favorece o xogo espontáneo e permite vivir a escola de forma diferente.

Por todos estes motivos vos animamos a particiapar!!

*Podedes descargar o triptico informativo da asociación premendo no seguinte enlace: 

Dossier informativo

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer