COORDÍNATE !!!

 

Moi boas !!!!

Nesta ocasión propóñovos retos de coordinación dinámica xeral, sabedes o que é?

Pois así resumidamente e de xeito rápido podemos dicir que é a capacidade que nos permite controlar o noso corpo cando está en desprazamento, utilizando un gran número de segmentos corporales, axustandoo a un tempo e a un espazo determinado, sendo conscientes de onde estamos e que facemos en cada momento.

 

Presentovos un total de 13 retos de coordinación en desprazamento, onde teremos que poñer especial atención ás baldosas do chán, xa que van  a ser as que delimiten o noso desprazamento.

 

Para esta ocasión conto coa colaboración dun rapaz de 7 anos que intentou superalos todos.

 

Anímovos a que o intentedes independentemente da vosa idade, xa que a dificultade vaia a estar na velocidade coa que o fagades, polo que vos reto a que os probedes a facer á maxima velocidade sen sairvos das baldosas, e si non podedes baixade unha marcha jeje.

Facede cada exercicio completo tanto a ida como a volta ao punto de saída, así como con cada perna cando sexa sobre unha soa.

 

Premede na seguinte imaxe para acceder ao vídeo demostrativo:

 

 

 

 

Concentrádevos e intentade facelo o máis rápido posible, e si tes ocasión reta a outras persoas a que te superen !!

 

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer