ACROSPORT !!!

 

Acrosport – IES Antonio Gala

 

Benvidos unha volta mais !!

 

Nesta ocasión traio para vos un reto un tanto acrobático e para o cal necesito que busquedes axuda.

Trátase da actividade ACROSPORT, que seguro que xa coñecedes, un deporte que consiste en formar figuras co propio corpo tanto de xeito individual como colectivo.

No acrosport podemos participar todos independentemente das nosas habilidades, xa que hai tres roles diferentes según as nosas capacidades, figura, ou necesidades (Portor, Acróbata ou Axudante).

É importante saber que hai varias formas de agarrarnos para estar mais seguros, así como unhas normas de seguridade que hai que cumprir para garantizar a seguridade de todos.

Toda esta información aparece recollida e resumida no seguinte vídeo (preme na imaxe para acceder). Os 3 primeiros minutos son explicativos e o resto son algunhas mostras de composicións de acrosport. Mírao con calma e faite todo un experto!

 

Acrosport (con imágenes) | Chico yoga, Acrosport figuras, Niños ...

 

No seguinte enlace (Preme na seguinte imaxe) deixovos posibles composicións para facer en función do número de persoas que sodes e do nivel de dificultade. Bota unha ollada e intenta facer as máximas posibles!!

 

My PE Teacher Is Nuts: ACROSPORT FIGURES (con imágenes) | Posturas ...

 

Reúne a toda a familia e intentade crear o maior número de figuras posible.

Recordade ter moito coidado e usar todas as medidas de seguridade que poidades.

Se tedes calquera dúbida, preguntádeme sen problema algún, tanto de posición, execución, postura ou calquera cousa que non entendades... do que sexa, PREGUNTÁDEME

 

MÁNDAME AS VOSAS CREACIÓNS AO MEU CORREO ELECTRÓNICO!!!!

manuel.teijeiro.rodriguez@edu.xunta.es

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer