O QUECEMENTO FÍSICO

 

 

 

Benvidos unha volta mais !!

 

Nesta ocasión traiovos comigo: O QUECEMENTO!!!

Tóoooodolos días de educación física comezamos a clase con esta parte fundamental que a chamamos quecemento, pero... sabemos o que é???

Pois o quecemento é un conxunto de exercicios ordenados dun xeito gradual que moviliza músculos e articulacións coa finalidade de preparar o noso corpo para un mellor rendemento no exercicio que se vaia a facer, así como de evitar algún tipo de lesión física ou contractura muscular.

 

 

 

De ahí a súa importancia e de que o realicemos tódolos días. Pero recordade que non só se debe de levar a cabo nas sesións de educación física, senón que o temos que realizar antes de calquera actividade física ou deporte.

Durante todo este tempo estivemos a facer un quecemento concreto, o cal vos propuxen para facer en tódalas sesións e que cada día dous de vos o dirixirais para o resto de compañeiros, pois ben, chegou a hora de manter os bos hábitos e asegurarme de que aínda non vos esquecestes do que estou a falar. (Preme no teu curso para ver a tarefa a realizar)

 

1º e 2º CURSO

 

3º e 4º CURSO

 

5º e 6º CURSO

 

Anímovos a participar e demostrar que estades en plena forma, e que recordades todo o traballado durante este curso. 

Dicir que sodes libres de crear o voso propio quecemento según os vosos gustos e preferencias.

 

Que non vos dé vergoña e adxuntádeme vídeos, fotos, documentos... ao meu correo electrónico:  manuel.teijeiro.rodriguez@edu.xunta.es

(Hai límite de espazo para o envío de arquivos multimedia, polo que vos recomendo que sexan vídeos curtos).

 

Forza e diversión IMPARABLES !!

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer