COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR 23/24

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP MANUEL RESPINO, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APAOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024

As nais, os país, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, deberán cubrir, asinar e reenviar a ficha de solicitude que aparece a continuación acompañada dunha fotocopia do DNI e un Certificado de Conta Bancaria (CCC) da persoa interesada en desempeñar as tarefas de colaborador do comedor escolar. A documentación requerida poderase entregar directamete no centro ata o día 28 de xullo de 2023 ou envíala escaneada ao correo electrónico do centro (ceip.manuel.respino@edu.xunta.gal). 

Ficha de solicitude colaborador/a do servizo de comedor

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer