VALES DE LIBROS E MATERIAL

Infórmase ás familias que poden pasar polo centro para recoller os vales de material e os vales de libros e material no caso de 1° e 2° de primaria.

PLAN PROXECTA: ALIMENTÁNDONOS CON XEITO

PLAN PROXECTA ALIMÉNTATE BEN CURSO 2018-19

 

TÍTULO DO PROXECTO :ALIMENTÁNDONOS CON XEITO


Levamos anos no noso colexio participando en diferentes actividades de alimentación intentando concienciar aos alumnos sobre unha boa alimentación, para mellorar os hábitos relacionados coa inxesta dunha comida sa. Ademais de telo xa establecido no comedor escolar, e como norma para as diferentes merendas durante a semana, dámonos conta que tamén é preciso concienciar as familias e loitar contra o mundo da publicidade que poida condicionar a alimentación dos nosos alumnos coa comida rápida ou precociñada, o exceso de azucre, ás merendas con bolería industrial, ao exceso de lambetadas...que provocan un grave problema de obesidade e de diferentes trastornos . Polo tanto, os mestres que decidimos participar neste proxecto, expómonos este proxecto para traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo da froita, dos lácteos, do consumo de produtos exentos de propiedades prexudiciais no crecemento dos alumnos. Aproveitar o movemento que esta xurdindo na sociedade dunha alimentación ecolóxica para comezar a traballar aspectos relacionados con eses produtos e os seus beneficios para a saúde. É importante que dende a escola traballemos estes aspectos, e intentaremos que as familias sexan partícipes no proxecto.

 

 

Como colofón ao Proxecto fixemos unha presentación con fotos e vídeos de case todas as actividades desenvolvidas ao longo do proxecto e do curso e pode verse nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1LCQod8iltUVRezWjnpU81FiF7ZJjxCv0/view?usp=sharing

 

 

Proxecto Edixgal no curso 2019 - 2020:

  Importante: O CEIP Manuel Respino foi seleccionado para participar no Proxecto Edixgal, o cal se levará a cabo na aula de 5° de Primaria.

Polo tanto, en dita aula o alumnado empregará libro electrónico e non libros do fondo.

 

EDIXGAL

EDUCACIÓN DIXITAL - Implantación do libro dixital nos centros educativos.

O espazo E-Dixgal é un portal web en constante evolución.

 

PLAN PROXECTA MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA EN 4º

TÍTULO DO PROXECTO :NATURFÍSICA. MOVÉMONOS COAS NATURAIS

 

A mestra de 4º curso e mais eu, o mestre de Educación Física que participamos neste proxecto, levamos cursos pensando que é posible traballar contidos da área de EF a través da actividade física e que os coñecementos adquiridos a través da experiencia son moito mais sólidos que os adquiridos sentados nunha aula. A posibilidade dun aprendizaxe activo, construtivo e a significatividade das aprendizaxes, fan da educación a través do movemento un entorno ideal para acadar esta significatividade.

E polo que pensamos ademais que Naturfísica. movémonos coas naturais se debe facer experimentando e movendo o corpo .

Traballar dúas áreas conxuntamente é unha das experiencias que supón enriquecer máis o currículo de ambas. Para darlle ese contexto curricular, traballamos elementos da programación da área de naturais, factibles de ser traballados a través da actividade física e polo tanto na área de educación Física  para o desenvolvemento do Plan Proxecta: “Máis e mellor actividade física” .

 

 

 

Como colofón ao Proxecto fixemos unha presentación con fotos e vídeos de case todas as actividades desenvolvidas ao longo do proxecto e do curso e pode verse nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1D_mWHdf_hFl-_vnxm1ivJ4iKKuoHNTLK/view?usp=sharing

INFORMACIÓN - SOLICITUDES DE LIBROS

Infórmase ás familias que, pendentes de publicar o listado provisional de solicitudes de libros admitidos e denegados, poden pasar polo centro onde se lles informará persoalmente da súa situación en relación a este procedemento.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019 - 2020:

Pincha na imaxe para ver o listado de libros para o vindeiro curso:

MATRÍCULA PARA O CURSO 2019 - 2020:

O PRAZO DE MATRÍCULA SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO

 

A DOCUMENTACIÓN NECESARIA É A QUE SE SINALA A CONTINUACIÓN:

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019:

Este ano adicamos o Día das Letras Galegas a Antón Fraguas.

Traballamos nas aulas mediante unidades didácticas e actividades interactivas. Expuxemos murais e libros sobre o autor.

No patio, lemos a súa biografía e recitamos cantigas que recolleu este autor, como o casamento do piollo e maila pulga, o bolo, Carpinteiro de Ribeira... e tamén disfrutamos dunha magnífica banda de música tradicional, composta polo alumnado do noso centro.

Entregamos tamén os premios ao alumnado gañador do concurso "Sábelo ti?" e "Receitas da avoa".

A continuación podemos ver algunhas fotos deste evento. Feliz Día das Letras Galegas!!

 

 

 

RECURSOS ANTÓN FRAGUAS. LETRAS GALEGAS 2019:

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS

 


Antonio Fraguas Fraguas

O antropólogo, xeógrafo e historiador Antonio Fraguas Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 na vila pontevedresa de Cotobade. Sendo estudante de bacharelato fundou a Sociedade da Lingua para a defensa do noso idioma e a elaboración dun dicionario.
En 1928 formou parte do Seminario de Estudos Galegos que foi clausurado pola ditadura militar despois da Guerra Civil.
Tamén foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do que chegou a ser director da Sección de Etnografía e Folclore.
En 1951 entrou a formar parte da Real Academia Galega, ocupando o posto de Alfonso D. Rodríguez Castelao.
Dirixiu o Museo do Pobo Galego ata o seu falecemento en 1999.

 
 

- Documentos e actividades para imprimir

Actividades interactivas (EdiLim)

 - Descargables, interactivos... (Primavera das Letras)
 
- OUTRAS:
Distribuir contido