EXCURSIÓN AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO (XERMADE) - 6ºEP

O venres 05 de abril de 2024, o alumnado de sexto de Primaria, como agasallo por ser finalista no programa da Televisión de Galicia "Pim, Pam, Experimenta", puideron visitar o Parque Eólico Experimental de Sotavento, no concello de Xermade (Lugo).

Para máis información: https://www.sotaventogalicia.com/

Coñeceron de primeira man a actualidade das enerxías renovables no noso país, como funcionaba un aeroxerador, a diferenza entre placas térmicas e placas fotovoltaicas... así como diferentes xogos interactivos e obradoiros con ditas enerxías. Logo, visitaron o centro comercial "As Termas" de Lugo. Pasárono xenial e aprenderon moito!

 Preme na frecha para pasar as páxinas 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer