Jornada Deporte Adatado ENKI

O pasado xoves 22 o alumnado de 5º e 6º participou nunha xornada sobre deporte adaptado, impartida por dous colaboradores da Fundación ENKI.

CRUZ VERMELLA: XESTIÓN EMOCIONAL E HABILIDADES SOCIAIS

Marta, a voluntaria da Cruz Vermella, fixo una presentación moi polo miúdo das diferenzas entre emocións e sentimentos, facendo pensar aos cativos sobre as mellores maneiras de resolver conflitos. Ao remate do obradoiro, ademais de lembrarse de diferentes conceptos como o da empatía e de diferentes técnicas como a do sandwich ou do disco raiado, de falar en primeira persoa, etc, tamén puideron representar na aula diferentes simulacros de conflitos que se poden dar no día a día. Disfrutárono moito e aprenderon mogollón! Grazas Marta!!!

 

Día de Rosalía

Para conmemorar o Dïa de Rosalía, contamos coa agradable presenza de Luís Vallecillo que nos regalou un concerto no que as nenas e nenos aprenderon sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.

 

GAÑADORA 2ºPREMIO: SARA ARIAS GARCÍA (4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

00/00/
Array

Sara Arias García, alumna de 4º de Educación Primaria do CEIP Manuel Respino de A Rúa é gañadora do 2º premio do XXVII Certame Nacional de Pintura Rural Infantil que ten como obxectivo a visibilización e concienciación dos valores do medio agrícola a través da expresión artística dos máis pequenos cunha beca de apoio ao estudo de 2.000€, mais un equipo multimedia valorado en 1.000€ para o centro educativo y una axuda de 1.000 euros ao A.M.P.A.

PARABÉNS!!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer