CRUZ VERMELLA: XESTIÓN EMOCIONAL E HABILIDADES SOCIAIS

Marta, a voluntaria da Cruz Vermella, fixo una presentación moi polo miúdo das diferenzas entre emocións e sentimentos, facendo pensar aos cativos sobre as mellores maneiras de resolver conflitos. Ao remate do obradoiro, ademais de lembrarse de diferentes conceptos como o da empatía e de diferentes técnicas como a do sandwich ou do disco raiado, de falar en primeira persoa, etc, tamén puideron representar na aula diferentes simulacros de conflitos que se poden dar no día a día. Disfrutárono moito e aprenderon mogollón! Grazas Marta!!!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer