DÍA DA PAZ 2019

Os nenos e nenas do CEIP Manuel Respino leron varios manifestos pola Paz.

Tamén prepararon diferentes cancións e cantamos todos xuntos no patio do cole. E aínda non marcharan os Minions da Rúa. Que emoción!!

Pero,sen dúbida, a actividade que máis lles gustou foi a do robot convertidor: convertía as cousas malas en boas!! 

Aqui deixamos algunhas fotos do evento.

    

NADAL 2018

Neste curso 2018-2019 celebramos o Nadal con diferentes actividades, como xa vén sendo habitual. Ambientamos os corredores e a entrada e, grazas a colaboración de familias e alumnado, fixemos unha gran exposición de tarxetas de Nadal.

Visitamos a Residencia Nosa Señora de Fátima de A Rúa para compartir panxoliñas, bailes e cantos cos máis maiores da zona.

No noso centro, profundizamos na figura do Apalpador, un personaxe típico da zona do Courel e dos Ancares, que na Terra de Trives se coñece co nome de Pandigueiro. Estas actividades consistiron na visión de videos, actividades interactivas na Pizarra dixital eos nenos e nenas de 1º, escribironlle unha carta ao Apalpador, que levaron a Correos.

Os días 20 e 21 de decembro ofrecemos as nosas actuacións ás familias, aos mestres e demais compañeiros do centro. Neste festival ofrecemos panxoliñas, obras de teatro, coreografías e... algunha sorpresiña, como o conto que nos contou Paula, nai de Noa de 6º de Primaria: "Los fantásticos libros voladores del señor Morris Lessmore". Foi moi divertido!!!

   

    

   

BO NADAL E FELICES FESTAS!!!

POSTAL GAÑADORA DO CURSO 2018-2019:

 

http://picasion.com/
AUTOR: JAVIER ANIEVAS (3º EDUCACIÓN PRIMARIA)

CESTAS DE NADAL 2018:

CESTAS DE NADAL E NÚMEROS GAÑADORES:

 

1º PREMIO: Nº 310

2º PREMIO: Nº 605

3º PREMIO: Nº 711

Magosto 2018

O venres 9 de novembro celebramos o magosto no noso centro.

Foi un día no que o pasamos moi ben con diferentes actividades: actividades interactivas na pizarra dixital, xogos tradicionais con castañas coa colaboración do especialista en EF e todo o profesorado do centro; e un xantar popular no patio composto de ricas empanadas de carne e atún, bolos preñados, castañas asadas e mazás.

Queremos agradecer unha vez máis a colaboración de Agustín, o noso conserxe, quen nos asou as castañas; e a colaboración voluntaria dos papás e mamás que nos axudaron na organización deste evento.

Tamén agradecer a presenza dos nenos e nenas da gardería, acompañados polas súas educadoras e coidadoras.

A continuación, amosamos unha pequena escolma de fotos deste día:

 

  

  

VIDEO "O SAMAÍN" by TELEMIÑO

Este video é un pequeno resumo da festividade en Orense e, concretamente, no CEIP Manuel Respino. É un pequeno adianto do que será o video completo.

 

DIA NON LECTIVO:

Informamos a toda a Comunidade Educativa que tanto o xoves 1 de novembro (Día de Todos os Santos) como o 2 de novembro (Día non lectivo escollido polo centro) non haberá clases. 

Distribuir contido