Thanksgiving

A semana pasada os nenos e nenas do cole coñeceron a tradición de Thanksgiving nos Estados Unidos. Teacher Brad achegounos ás orixes culturas desta celebración, e xuntos fixeron un pequeno obradoiro sobre as cousas das que están agradecidos este ano.

En 1621 os colonos ingleses chegaron aos Estados Unidos. Os nativos americanos da tribo Wampanoag axudaron aos ingleses a sobrevivir a un duro inverno ensinándolles a cultivar millo, pescar e sobrevivir nas novas terras. Como celebración, a primera cea de acción de grazas foi compartida entre os indios e os peregrinos tras unha exitosa colleita. A acción de grazas simboliza a unidade, a gratitude e o intercambio entre diferentes culturas.

Happy Thanksgiving!

 

Coreografías de Acrosport

Neste vídeo podedes ver un pequeno resume das coreografías de Acrosport que presentou o alumnado de 4º, 5º e  6º.

25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

GAÑADORA DO CONCURSO:

LAIA CASAS ACUÑA (5ºA)

CEIP MANUEL RESPINO 

Día do Pixama

Este luns celebramos o Día Internacional dos dereitos do neno e da nena co Día do pixama, visualizando cortos no ximnasio.

 

DÍA DOS DEREITOS DO NENO E A NENA

O Día do Pixama é unha actividade solidaria, lúdica e educativa, na que os protagonistas son os nenos e nenas que dan visibilidade a outros nenos e nenas baixo o lema "todo/a neno/a ten dereito a medrar en familia".

É unha iniciativa da Asociación Estatal de Acollemento Familiar (AEAF) coa que este curso queremos colaborar e que cada 20 de novembro, coincidindo coa aprobación da Convención Internacional dos  Dereitos do Neno e a Nena, se pretende dar visibilidade e sensibilizar sobre o dereito a medrar en familia de todos os nenos, nenas e adolescentes.

Este ano, o acto principal nos colexios, institutos e escolas infantís que participan na actividade será que o alumnado de Educación Infantil e Primaria acuda este día ao centro educativo en pixama, unha prenda que pretende simbolizar o tempo en familia e a importancia do mesmo para asentar os alicerces dunha infancia feliz. Ademais, durante esa xornada, nos diferentes niveis educativos desenvolveranse actividades relacionadas coa importancia da familia, dando a coñecer o acollemento familiar como recurso que ofrece aos menores separados das súas familias biolóxicas a posibilidade de medrar con outra familia que os acolle, acompaña e quere, durante o tempo que sexa necesario.

Creemos que "O Día do Pixama" pode ser gran experiencia educativa con tres compoñentes: solidaria, educativa e lúdica.

- É un día que promove a escola de valores, fomentando a solidariedade, á vez que permite conectar familia e escola poñendo en valor a importancia da familia.

- É un día educativo que axuda aos nenos e nenas a identificar e expresar sentimentos, emocións e vivencias, á vez que ofrece a posibilidade de traballar a diversidade permitindo ao alumnado empatizar con outras realidades familiares e coñecer alternativas familiares diferentes.

- É un día divertido que favorece o xogo espontáneo e permite vivir a escola de forma diferente.

Por todos estes motivos vos animamos a particiapar!!

*Podedes descargar o triptico informativo da asociación premendo no seguinte enlace: 

Dossier informativo

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer