25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

GAÑADORA DO CONCURSO:

LAIA CASAS ACUÑA (5ºA)

CEIP MANUEL RESPINO 

Día do Pixama

Este luns celebramos o Día Internacional dos dereitos do neno e da nena co Día do pixama, visualizando cortos no ximnasio.

 

DÍA DOS DEREITOS DO NENO E A NENA

O Día do Pixama é unha actividade solidaria, lúdica e educativa, na que os protagonistas son os nenos e nenas que dan visibilidade a outros nenos e nenas baixo o lema "todo/a neno/a ten dereito a medrar en familia".

É unha iniciativa da Asociación Estatal de Acollemento Familiar (AEAF) coa que este curso queremos colaborar e que cada 20 de novembro, coincidindo coa aprobación da Convención Internacional dos  Dereitos do Neno e a Nena, se pretende dar visibilidade e sensibilizar sobre o dereito a medrar en familia de todos os nenos, nenas e adolescentes.

Este ano, o acto principal nos colexios, institutos e escolas infantís que participan na actividade será que o alumnado de Educación Infantil e Primaria acuda este día ao centro educativo en pixama, unha prenda que pretende simbolizar o tempo en familia e a importancia do mesmo para asentar os alicerces dunha infancia feliz. Ademais, durante esa xornada, nos diferentes niveis educativos desenvolveranse actividades relacionadas coa importancia da familia, dando a coñecer o acollemento familiar como recurso que ofrece aos menores separados das súas familias biolóxicas a posibilidade de medrar con outra familia que os acolle, acompaña e quere, durante o tempo que sexa necesario.

Creemos que "O Día do Pixama" pode ser gran experiencia educativa con tres compoñentes: solidaria, educativa e lúdica.

- É un día que promove a escola de valores, fomentando a solidariedade, á vez que permite conectar familia e escola poñendo en valor a importancia da familia.

- É un día educativo que axuda aos nenos e nenas a identificar e expresar sentimentos, emocións e vivencias, á vez que ofrece a posibilidade de traballar a diversidade permitindo ao alumnado empatizar con outras realidades familiares e coñecer alternativas familiares diferentes.

- É un día divertido que favorece o xogo espontáneo e permite vivir a escola de forma diferente.

Por todos estes motivos vos animamos a particiapar!!

*Podedes descargar o triptico informativo da asociación premendo no seguinte enlace: 

Dossier informativo

SALVEMOS O PLANETA

O pasado 6 de novembro o alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu a visita dun membro do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) para informarnos dos riscos e prevención de incendios dos nosos montes como parte do noso proxecto "Salvemos o Planeta".

CONCURSO DE PINTURA (ANPA)

 

Concurso dirixido ao alumnado de 1º a 4º de Primaria. As obras poderanse entregar no centro ata o día 27 de novembro, para que a ANPA poida organizar un envío conxunto de todas as presentacións para que cheguen antes da data límite a Madrid.

Poderedes descargar as bases do concurso e otras informacións  premendo nos seguintes enlaces:

- Bases do certame 2023

- Etiqueta para as obras

- Consentimento

Celebración Magosto 2023

Hoxe celebramos o magosto no centro. Festa de xogos e castañas!

 

Encontro Dixitalweek 2023 en Santiago de Compostela

O mércores 8 de novembro de 2023, o alumnado de 6º de Primaria, acompañados pola mestra de Inglés e polo seu titor, puideron participar nunha conferencia e obradoiro sobre a realidade virtual, dentro do programa Dixitalweek 2023.

Así pois, desde unha perspectiva activa, lúdica e cooperativa, ao longo da Dixitalweek, os rapaces realizan distintas actividades académicas relacionadas coa contorna tecnolóxica, así como de tempo libre e obradoiros (xogos, veladas e excursións) que, a maiores do eido estritamente académico, lles axudarán á mellora da súa autonomía e á interacción con rapaces de distintas zonas de Galicia.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitou os obradoiros, onde puido coñecer de primeira man as destrezas dos rapaces nestes eidos, e onde aproveitou para subliñar a importancia “dobremente beneficiosa” desta iniciativa que combina “a aprendizaxe oral do inglés coa formación en competencias dixitais”.

Neste encontro de hoxe, os alumnos realizan actividades de práctica idiomática en distintos escenarios comunicativos vinculados ás contornas tecnolóxica e científica. A maiores, tamén participan en actividades físicas e de socialización que contribúen a mellorar o traballo en equipo entre os participantes.

Para ilo contan co apoio de profesionais como Manuel Vicente, divulgador e presentador do programa Efervescencia da Radio Galega e premio de Xornalismo Científico en 2018, e Déborah García, química, investigadora, e comunicadora científica, que traballa no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas, CICA, da Universidade da Coruña.

Túnel do terror.

Este martes celebramos o Samaín e fixemos o túnel do terror.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer