DATOS DO CENTRO:
**Para unha resposta mais rápida e eficaz, as comunicacións cos teléfonos móbiles de Dirección, Xefatura e Secretaría faranse preferentemente a través de WhatsApp.
TRANSPORTE ESCOLAR
Ábrese o prazo ata o 15 de xullo de 2024 para a presentación de solicitudes de reserva de praza no transporte escolar do curso 2024-25. Podense recoller os impresos de solicitude no propio centro en horario de 10:00h. a 13:30h. ou ben descargalos premendo na imaxe:
COMEDOR ESCOLAR 2024-2025
Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para facer uso do comedor escolar no vindeiro curso 2024-25. Podense recoller os impresos de solicitude no propio centro ou ben descargalos premendo na imaxe:
Aos efectos de orientar ás familias sobre o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar. O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link:
https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp
COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR 24/25
ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP MANUEL RESPINO, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APAOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025
As nais, os país, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, deberán cubrir, asinar e reenviar a ficha de solicitude que aparece a continuación acompañada dunha fotocopia do DNI e un Certificado de Conta Bancaria (CCC) da persoa interesada en desempeñar as tarefas de colaborador do comedor escolar. A documentación requerida poderase entregar directamete no centro ata o día 19 de xullo de 2024 ou envíala escaneada ao correo electrónico do centro (ceip.manuel.respino@edu.xunta.gal).
Laberinto de Orientación 27 de agosto
O Club Our de orientación fainos chegar esta información por si é do voso interese.
O martes 27 de agosto poderedes practicar Orientación na contorna da Praza do Concello. Poderedes facelo cos vosos fillos e fillas e a incsripción é gratis. Animádevos!