Solicitude de Fondolibros e axudas de material escolar para o curso 24-25

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ven de publicar a convocatoria anual para beneficiarse dos libros gratuitos en primaria, así como as axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2024-25. O prazo está aberto ata o 21 de xuño de 2024, e a presentación da solicitude pode ser presencial na secretaría do Colexio entregando os anexos I e II debidamente cumprimentados, ou ben presentando estes anexos-solicitude telemáticamente a través da aplicación Fondolibros ou en Chave 365.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Infórmase da publicación no taboleiro do centro das LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS para o curso 2024-2025.

 

Os nosos recreos máis divertidos!!

Unha mostra do que facemos este curso nos recreos coa colaboración e compromiso dos voluntarios de 5º e 6ºEP. Grazas por facer os recreos máis dinámicos, inclusivos e sobre todo divertidos.

 
 

LETRAS GALEGAS 2024- LUISA VILLALTA

RECURSOS

Este ano a Real Academia Galega dedícalle a Luisa Villalta o Día das Letras Galegas. 

Deixámosvos diferentes páxinas con recursos educativos para traballar a súa figura (vida e obra). 

- Blogue da biblioteca: Genially con recursos e calendario. 

Seminario Galán: recursos en papel, xogos interactivos, escolma de textos, paneis de robótica...

 

- Primavera das Letras: Nesta web a Academia ofrece Violino, Inglesa e o libro xigante. Pequena biografía de Luísa Villalta, unha historia de Xoán Babarro e Ana María Fernández ilustrada por Óscar Villán, así como actividades interactivas ou fichas para colorear

Comeza a Primavera das Letras de Luísa Villalta! - Primavera das Letras

- O Portal da Lingua Galega

2024 - Luísa Villalta - O Portal da Lingua Galega

 - Real Academia Galega: Podedes encontrar unha sección dedicada á protagonista do Día das Letras Galegas 2024, na que reúne distintos contidos divulgativos sobre a súa vida e a súa obra. Entre eles destacan a serie documental web Luísa Villalta, a rebelión da palabra, seis episodios nos que máis dunha vintena de voces trazan un retrato coral sobre a poeta, narradora, ensaísta e articulista coruñesa á que a institución lle dedica o vindeiro 17 de maio; e a biografía da homenaxeada.

- Material didáctico realizado pola Banda da Loba: Consta dunhas propostas didácticas para traballar a figura de Luísa Villalta a través da música, da lingua, da literatura e da sociolingüística.

- Guía didáctica proporcionada polo concello de Sada: Inclúe actividades e roteiros pola Coruña e Sada traballando a súa figura.  

- Canción: Nas ás dun poema- Uxía

XIV CONTOS COMPARTIDOS

CONTOS COMPARTIDOS 2024 de Raquel Martínez

 

CINTAS DE CORES CON MENSAXES  

LETRAS GALEGAS 2024 de Raquel Martínez

 

REVISTA AQUELARRE

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Infórmase da publicación no taboleiro do centro das LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS para o curso 2024-2025.

Tamén se poden consultar no seguinte enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ con chave 365 ou certificado dixital.

Prazo de reclamación: 5 días hábiles (ata o 3 de maio) dende a súa publicación.

IMPORTANTE: CONVOCATORIA BOLSAS COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:  un ano máis ábrese o prazo para solicitar bolsa para o comedor escolar de cara o vindeiro curso. Deixamos aquí a información correspondente. Lembrade que o prazo para presentala é do 17 DE ABRIL ao 8 DE MAIO.

IMPORTANTE:  AS FAMILIAS NON TEÑEN QUE APORTAR O CERTIFICADO DE ASIGNACIÓN DE PRAZA NO CENTRO. Na solicitude xa se autoriza a consulta aos centros. 

CONVOCATORIA CONCELLO                                                                   

PÁXINA DE REFERENCIA PARA A TRAMITACIÓN                                                                                  

RESUMO

 

 

NOVO RETO MERENDAS SAUDABLES

Estamos felices porque o reto das merendas saudables para os mércores foi un verdadeiro éxito. Por iso, pensamos en aumentar outro día para que cada vez os nosos hábitos alimenticios sexa mellores. Así teremos dous días de merendas saudables!

Animádesvos a superar tamén o reto  dos venres?

XIV CONCURSO CONTOS COMPARTIDOS

Un curso máis realizamos a convocatoria dos "CONTOS COMPARTIDOS". Animámosvos, familias a participar nela. Podedes consultar as bases no díptico que aquí aparece.

Esperamos a vosa participación!

TEATRO EN INGLÉS

O pasado xoves 29 de febreiro veu ao noso colexio por primeira vez unha compañía de teatro chamada Face 2 face para representar dúas obras en inglés. Para 1º, 2º e 3º de primaria foi "Jack and the giant" e para 4º, 5º e 6º "Trouble in the jungle". Esta última trataba dunha rapaza que vivía nunha árbore na selva xunto aos seus amigos animais.

Pareceunos moi entretida porque pediron voluntarios/as para participar na obra e disfrazáronos de animais. Tamén foi divertida porque os personaxes eran moi graciosos. 

(Ana, Antía, Alejandra e Hugo de 5ºB)

 

TEATRO EN INGLÉS de CEIP Fernández Latorre

8 M. MARZO, MES DE MULLERES

Hoxe, 8 de marzo, Día Intenacional da Muller, poñemos en primeiro plano recursos para este día, de forma especial, e para todos os días, de forma xeral.

FELIZ 8 M!

 
 

Powered by Drupal - Design by artinet