Skip to Content

Quen nos visita?

VISITA ANTES DE NADAL!

Antes do merecido descanso das vacacións de Nadal recibimos unha visita moi agardada por todos e todas. Deixamos un vídeo no que podedes descubrir de quen se trata! Quedamos desexosos de que volva para o próximo ano!

VISITA DOS USUARIOS DO CENTRO DE DÍA

O  pasado xoves, 16 de decembro, o alumnado e as mestras de quinto recibimos a visita dos usuarios do Centro de Día de Curtis, cos cales mantiveramos unha conversa telemática un mes antes.

Intercambiamos conversas, cancións, bailes, panxoliñas...e tamén agasallos. Os nenos realizaron unhas postais personalizadas para cada usuario e eles elaboraron uns xabóns  para os neno.

Foi un encontro agradable, emotivo e especial. Agardamos vernos de novo!

  

ACTIVIDADE COAS FAMILIAS : ARANZA E ALBERTO, PAIS DE VERA

           

 

O día 26 de setembro, os pais de Vera visitaron a nosa aula para enseñarnos os segredos do mundo microscópico, e, como non,  convidamos aos alumnos de 6º para que todos xuntos poidéramos aprender e saber máis sobre o que nos rodea. Pasámolo moi ben!

 

CONTACONTOS

Onte, 23 de xaneiros, visitounos a escritora e poeta Mar Benegas, facéndonos partícipes da súa paixón pola literatura infantil, en especial pola poesía.

Visita de Papá Noel

O pasado 20 de decembro visitounos Papá Noel.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut