Skip to Content

Titoría

DESPEDIDA DE QUINTO

DESPEDIMOS O PROXECTO: ADEUS A EXIPTO.

A CONTINUACIÓN PODEDES VER O GRAN TRABALLO REALIZADO POR ALGÚNS ALUMNOS E ALUMNAS DE QUINTO PARA DESPEDIR O NOSO PROXECTO. GRACIAS POLO VOSO GRAN ESFORZO!

PRESENTACIÓN DE LUCÍA:

PRESENTACIÓN DE VERA:

PRESENTACIÓN DE SAMUEL:

PRESENTACIÓN DE ANTÍA:

O CURSO REMATOU

Estimadas familias e alumnos/as:

O curso rematou. Xa sei que foi distinto, triste e difícil, pero debemos estar cheos de ledicia porque soubemos capear o temporal e temos saúde que todos sabemos que é o máis importante e que, ás veces, non somos conscientes delo, porque non nos falta.

A maioría de vós traballastes moi ben, con responsabilidade e sacrificio. Quero agradecervos a vós e tamén ás vosas familias, principalmente a quen vos acompañou no traballo diario, o esforzo que realizastes, non só polas tarefas, senón tamén polos medios telemáticos que en ocasións supoñían unha novidade.

Espero que teñades un verán tranquilo e que poidades disfrutar ó máximo, na medida do posible, xa que as circunstancias non son moi favorables. A pesar disto, sei que saberedes aproveitar e recargar pilas para setembro.

Deixovos unhas páxinas web no ficheiro adxunto por se queredes recordar contidos ou reforzalos.

Unha aperta.

Mamen.

ACTIVIDADES DE MAMEN DO 8 AO DE 12 XUÑO

Ola a tod@s:

Estas dúas semanas que quedan de cuso propoño actividades que poderedes realizar  e enviarme para correxir pero, como xa sabedes, xa non serán avaliables.

Aproveito para recordarvos, como xa especifiquei no abalar que, debido a gran cantidade de tarefas recibidas nos últimos días, a corrección tardará máis que de costumbre en chegar. 

Por último, recordo as horas dos grupos de Skype:

Mércores ás 16:00: Lucas, Adrián, Verónica, Vera e Damián.

Xoves ás 16: 00: Darío, Alba, Lucía, Antía e Samuel.

Un saúdo:

 Mamen.

CORRECCIÓN ACTIVIDADES

Bos días:

Realicei unha rectificación nas actividades de lingua, ortografía e vocabulario. Disculpade as molestias.

ACTIVIDADES MAMEN 1- 5 XUÑO

OLA DE NOVO:

XA ESTAMOS REMATANDO O CURSO. RECORDARVOS QUE O DÍA 5, VENRES, É O ÚLTIMO DÍA QUE AS MESTRAS RECIBIMOS TAREFAS PENDENTES DOUTRAS SEMANAS. 

AS SEMANAS SEGUINTES ENVIAREMOS ACTIVIDADES, PERO XA NON SERÁN AVALIABLES.

AGARDO QUE SIGADES TRABALLANDO, PENSADE QUE PRONTO CHEGARÁN AS VACACIÓNS E PODEREMOS DESCANSAR.

UNHA APERTA. 

ACTIVIDADES MAMEN 25- 29 MAIO

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE MAMEN 18 A 22 MAIO .

Esta semana, ademais das actividades, propóñovos un horario de realización destas para que vos organicedes mellor. O tempo de cada sesión é de 50 min, como no colexio. Están programadas para que vos dé tempo de sobra a facelas. Aqueles nenos que o queiran facer así, xenial; pero, se alguén prefire organizarse doutro xeito, estupendo. 

Unha aperta.

ACTIVIDADES DE MAMEN DO 7-11 AO 15 DE MAIO

OLA NENOS E NENAS:

ESPERO QUE ESTEADES BEN TODOS E ANIMADOS POR PODER SAÍR A XOGAR E FACER DEPORTE. 

DEIXOVOS ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA. LEMBRADE TRABALLAR CADA UN AO SEU RITMO E ACORDÁDEVOS TAMÉN  DE REVISAR AS CORRECIÓNS QUE VOS ENVÍO. É MOI IMPORTANTE. 

UNHA APERTA MOI GRANDE.

Distribuir contido


by Dr. Radut