Skip to Content

Decembro 2023

DÍA DA DISCAPACIDADE

O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade con motivo deste día Inclubasket Coruña mostrounos as cadeiras de rodas que usan as persoas con algún tipo de discapacidade motora para xogar ao balonmán. Os nenos e as nenas puideron velas e preto e mesmo xogar nelas así como probar unha bicicleta adaptada.

No arquivo adxunto podedes ver as nosas fotos desta xornada.

Festival de Nadal

XANTAR DE NADAL

GRAZAS  POR  ESAS MESAS PREPARADAS  PARA OS NOSOS  NENOS E NENAS , QUE HOXE VAN TER UN XANTAR DE NADAL  ESPECIAL  E UNHA SOBREMESA CON TARTA DA AVOA .

BON PROVEITO !!!

XANTAR DE NADAL

MENÚ MES DE XANEIRO 2024

EXCURSIÓN Á CORUÑA

O pasado día 14 de decembro os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria realizaron unha excursión á cidade de A Coruña. 

Visitaron en primeiro lugar a Torre de Hércules e os seus arredores: a rosa dos ventos e o parque de menhires. Seguidamente desprazáronse ao museo de Belas Artes onde viron obras de diferentes tipos. Finalmente comeron e regresaron pola tarde. 

Podedes ver nas fotos o ben que o pasamos!

 



by Dr. Radut