Skip to Content

Febreiro 2021

Emisión 5ºEP

Con motivo do Día Mundial da Radio e do Día do Amor os alumnos de quinto de Primaria escribiron un conto que titularon: un taller de cariño e que levaron á radio Radiola para compartir con todos o AMOR tan necesario nesta nova realidade. 

Que o amor e a saúde estea sempre con tod@s.

O MECO

En 3, 2, 1....COMEZAMOS CO ENTROIDO!!!

Deixámosvos as comandas do Meco para a vindeira semana, non esquezades que non son acumulables.

          

 

VIVA O NOSO ENTROIDO!!!

Entroido 2021

Cociñando no entroido

As nenas e nenos do Ceip de Curtis cociñaron postres típicos desta época do ano, o entroido. Mirade que boa pinta teñen!

 

Entroido

O 12 de febreiro, os nenos e nenas do CEIP de Curtis celebramos o entroido. Mirade que ben o pasamos!
 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN 2021- 2022

O próximo luns, 1 de marzo, abre o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar: 2021- 2022. Rematará o 22 de marzo. 

Ademais da instancia que poden solicitar no centro educativo ou descargar no documento adxunto, deberán presentar unha fotocopia cotexada do libro de familia. 

No caso de separación ou divorcio, a solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores, agás que aquel que presenta a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

 

Para solicitar a instancia ou entregala, deben solicitar cita previa no teléfono: 881880647, en horario de 09:00 a 14:00.

 
What do you want to do ?

New mail

Marzo



by Dr. Radut