Skip to Content

Titoría

REMATAMOS O CURSO!

Como estades campeóns e campeonas? Esta é a última semana do voso primeiro curso en Primaria, que rápido pasa o tempo a que si?

Sen dúbida estes foron uns meses raros e moi difíciles pero non sabedes o orgullosa que me sinto de todos e todas vós, que traballástedes día a día esforzándovos para gañar esta batalla, que sen dúbida estamos vencendo entre todos.

Para esta semana déixovos unha proposta de luns a xoves con unhas pequenas lecturas dos nosos libros. Pero tamén, para divertirvos, unha serie de propostas dixitais para facer nos momentos que máis vos apeteza.

- Fichas virtuais para repasar lingua:

https://es.liveworksheets.com/user/Maestra-ana

- Recursos virtuais de Anaya para repasar o que vos apeteza de todo este curso:

https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/PRIMERO/Programa/menu.htm

- Xogos dixitais divididos por materias, son xeniais:

https://vedoque.com/sec.php?s=1

- Escapes room para divertirvos en casa, seguro que vos gustan:

1. TODA UNA VIDA

https://madescaperoom.com/escape-room-familiar-online-gratis/

2. EL ANTIVIRUS

 https://www.escapegojuegos.com/antivirus-fase-0

 

Ademais, a proposta de Plástica para rematar o curso seguro que vos gusta, que tal se facemos uns pelícanos gregos para poñer no dedo? Así clausuramos tamén o noso proxecto de GRECIA, no que tanto e tan ben traballástedes todos, mirade que chulos:

 

 

O venres pola mañá faremos unha videochamada especial, que vos parece? E mentres tanto, déixovos esta canción que me recorda moito a vós e ás vosas familias:

"DE TODO O QUE ME DADES ESTAREI SEMPRE AGRADECIDA"

https://www.youtube.com/watch?v=hE6CsyWv8Zs

 

Un bico enoooorme da vosa profe, estou segura de que nos veremos moi pronto.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 1º EDUCACIÓN PRIMARIA (semana 8 - 12 xuño)

Ola campeóns e campeonas! Xa na recta final, este curso está rematando; pero nós, ao igual que os deuses gregos non nos rendemos e traballamos ata o final con moitas ganas e moitísima forza. Recordade o que vos digo sempre:

TODO TRABALLO TEN A SÚA RECOMPENSA

 

Déixovos a continuación a proposta da semana que ven. Encántame recibir os vosos traballos diarios con tanto cariño. Espero vervos pronto para darvos a noraboa en persoa.

Seguide así, non deixedes de facer cousas novas, divertirvos, imaxinar, xogar, disfrutar e aprender!

MOITO ÁNIMO, CADA DÍA ESTAMOS MÁIS PRETO!

Un bico enorme da vosa profe. 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 1º EDUCACIÓN PRIMARIA (semana 1 - 5 xuño)

Ola a todos e todas! Como estades?

Rematamos un mes para comezar outro: XUÑO! Así que vamos a collelo con todas as ganas e enerxías posibles como ata o de agora, porque sodes os mellores do mundo e non deixades de demostralo!

Déixovos a continuación as propostas para esta semana con uns retos finais que estou segura os faredes xenial!

 

Ademais, ESTE VENRES 5 DE XUÑO É O DÍA DO MEDIO AMBIENTE, polo que vos propoño estes ECO - RETOS para facer en familia de luns a domingo, estades listos? A por eles!

  

 

 Un bico enorme da vosa profe, teño moitísimas ganas de vervos!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 1º EDUCACIÓN PRIMARIA (semana 25 - 29 maio)

Como están os meus gregos e gregas favoritos? Seguro que disfrutando dun día soleado despois de unha semana traballando tanto e tan ben como facedes. Estou moi orgullosa de vós!

Esta semana remata o mes de maio; polo que vamos a collela con ganas e entusiasmo demostrando de todo o que sodes capaces, que sei que é moito!

Déixovos a proposta para esta semana, na que se me ocorreu facer unha especie de concurso chamado: GRECIA DA A Á Z, para facer durante estas semanas dende a materia de Plástica. Vai a ser xenial, veredes! Aquí vos deixo unha pequena pista; pero en versión galega:

 

ÁNIMO CAMPEONAZOS, QUEDA MENOS XA!

UN BICO ENORME DA VOSA PROFE

 

 

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 1º EDUCACIÓN PRIMARIA (semana 18 - 22 maio)

Ola a todos nenos e nenas! Espero que todos estedes disfrutando a tope deste domingo soleado, celebrando ademais o día das Letras Galegas!

Logo desta semana chea de retos que superástedes como campeóns e campeonas comezamos unha nova con moitas ganas e enerxía a que si? Estádelo facendo xenial e non o deixades de demostrar día a día. Estou ogullosísima do voso traballo!

Aquí vos deixo as propostas desta semana que empeza e recordade: XUNTOS SEMPRE É MÁIS FÁCIL!

 

Un bico enorme da vosa profe que está desexando vervos!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 1º EDUCACIÓN PRIMARIA (semana 11 - 15 maio)

Ola nenos e nenas! Unha semana máis que remata e como sabedes, cada día estou máis orgullosa do voso traballo e entusiasmo; pero á vez, cada día teño máis ganas de vervos!

Esta semana que comezamos é especial, porque é a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS; por iso vos propoño un reto para cada día relacionado con RICARDO CARVALHO CALERO e con todo o que sabedes de Matemáticas, Linguas, Ciencias e Plástica, estades listos para comezar?

Ademais, déixovos aquí unhas actividades interactivas sobre o noso día, o día das nosas LETRAS, para desfrutar en familia.

O ESCAPE ROOM DE RICARDO CARVALHO

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

 

 

O PASAPALABRA DE RICARDO CARVALHO

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5380341-ricardo_carballo_calero.html

 

 

 

Vamos a comezar a semana campeóns, queda menos para vernos e estádelo facendo xenial!

 

Un biquiño enorme da vosa profe.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 1º EDUCACIÓN PRIMARIA (semana do 5 ao 8 de maio)

Como están os meus gregos e gregas favoritos?

Comezamos un novo mes e seguro que con mogollón de ganas e enerxía para aprender cousas novas, de compartilas con todos e de seguir con esta batalla que empezamos xuntos!

Déixovos a continuación as propostas para esta semana. O primeiro documento leva a planificación por días, indicando as materias con vídeos e propostas para realizar e unha novidade: as actividades que están nun cadro azul son as que tedes que enviar ao meu correo: leticiareypardo@gmail.com.

Logo están as fichas co nome e co día. 

 

Estou súper orgullosa de vós e do voso traballo diario, e sabedes que? Cada día teño máis ganas de vervos.

Un bico enorme da vosa profe!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 1º EDUCACIÓN PRIMARIA (de xoves 30 a luns 1)

Ola a todos e todas! Xa ecuador de semana, e estádelo facendo xenial, encántame ver os vosos traballos e escoitarvos, sodes os auténticos heroes desta batalla!

Déixovos aquí as propostas para o xoves e para esta fin de semana con un RETO SÚPER ESPECIAL, onde coñeceredes o animal máis famoso de Mykonos, unha illa grega. Estades listos?

 

Ademais, este domingo é o DÍA DA NAI, déixovos tamén unha proposta para sorprendela. Espero que pasedes un día estupendo en familia, merecédelo!!

 

Un bico enorme da vosa profe.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 1º EDUCACIÓN PRIMARIA (martes 28 e mércores 29)

Ola campeóns e campeonas! Que tal comezástedes a semana? Espero que con moitas ganas e entusiasmo como facedes sempre.

Déixovos aquí as propostas para martes e mércores e así traballar as mates e lingua. A verdade é que o estades facendo moi moi ben, non deixades de sorprenderme co voso entusiasmo e ganas diarias. Por certo, encántame escoitar o ben que ledes!!

Ademais, ocorréuseme facer esta táboa para organizarnos un pouco mellor e así, como cada un temos a nosa circunstancia, ir anotando as tarefas que facemos cada día e as que imos enviando, para non esquecernos de nada, espero que vos sirva de axuda.

 

Un bico enorme con un super abrazo da vosa profe!

Distribuir contido


by Dr. Radut