Skip to Content

Inventos

Artellando co Croma

Tendo en conta o proxecto deste curso "Inventos", as nenas e nenos de 6ºEP démoslle renda solta a nosa imaxinación e creamos novos inventos, despois realizamos un anuncio de publicidade empregando o Croma.

 

 "

Emisión de radio

A nena e nenos de 5º de Educación Primaria realizamos unha entrevista a Alicia Tojeiro para conmemorar o Día Internacional da Muller. Alicia está rematando os seus estudos no Conservatorio Superior da Coruña e é directora de varios coros.

Dádelle ao play e disfrutade desta entrevista.

 

Saída a Lugo

O xoves 1 de xuño, as nenas e nenos de Educación Infatil fixemos unha saída a Lugo. Visitamos o Museo Interactivo da Historia de Lugo e o Parque da Milagrosa. No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos!

 

II Correlingua do CEIP de Curtis

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

Co gallo do día mundial da poesía, dende a Biblioteca do Ceip de Curtis propuexemos o recitado dunha poesía titulada "O teu día a día é poesía", composta pola mestra Lourdes Castiñeira e que podedes ver na nosa canle de Youtube. Agardamos que teñades un feliz Día da Poesía. 

 

  

 

"O teu día a día é POESÍA"

 por Lourdes Castiñeira

 

O canto do galo quiquiriquí,

iso é poesía para min.

 

Os bicos da miña nai: mua, mua mua,

é poesía, vanme gustar.

 

Cando os paxariños,

cando salto, corro ou bailo, iso é poesía, se estou ao teu lado.

 

Os primeiros raios de luz

que entran pola ventá, o ruido do espertador 

que acaba de soar.

 

A voz que chama por ti

con ánimo e con alento,

a voz que di "te quero" 

a cada momento.

 

Todo o que tes ó teu redor:

o campo, as rúas, as xentes, 

o arrecendo da herba, o correr do río,

a maxia do aire que sentes.

 

As túas palabras, os teus xestos, 

as tarefas, os teus xogos, 

os descansos e os paseos, 

os fracasos e os teus logros. 

 

A hora de sentar á mesa

á merenda ou á cea, 

a hora na qua a lúa

acompaña as estrelas.

 

A noite que chega

porque xa se foi o día, 

o cansanzo que te leva, 

o mesmo sono é poesía

 

 

 

Se un bo entroido queres pasar, ata o cole de Curtis debes chegar.

Se un bo entroido queres pasar, ata o cole de Curtis debes chegar.

 

Excursión a Ferrol

O mércores 23 de novembro, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizamos unha excursión a Ferrol. Alí disfrutamos do Museo da Construción Naval e do Museo de Historia Natural. 

Ao día seguinte, as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, visitaron o Museo da Construción Naval. 

 

 

Visita ao MUNCYT

Visita ao MUNCYT sede A Coruña

Alumnado de Educación Infantil

    O xoves, 3 de novembro, todo o alumnado de educación infantil visitou o MUNCYT (Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía), onde fixeron un percorrido polo bazar da ciencia e a tecnoloxía, vendo cómo evolucionaron obxetos que nos rodean e descubrindo algúns dos inventos que revolucionaron o século XX.

   Nas salas do Museo observaron, entre outras moitas cousas, dende o primeiro ordenador que chegou a España ata a lanterna da Torre de Hércules, e incluso subiron a un Jumbo de Iberia . A visita tiña moito que ver co noso proxecto INVENTOS; nunha das salas, admiraron un muro adicado aos inventores.

   Resultou unha mañá moi interesante.

 

Celebramos o MAGOSTO

O pasado 28 de outubro os nenos e nenas celebraron o Magosto no CEIP de Curtis. 

Primeiro merendaron no patio degustando as castañas asadas cedidas pola AMPA. 

Despois divertíronse nun circuíto de xogos populares nos que a protagonista era a castaña, o froito de outono por excelencia. Repartidos en grupos formados por nenos e nenas de todas as idades foron pasando polas 10 estacións: quen perde a cadeira?, a ra, bailamos?, a culler, castaña na cabeza, a mariola, tenis de outono, a diana, o florón e a que sabe o outono.

Xa que coincidía co último día lectivo antes da celebración do Samaín algunhas persoas viñeron disfrazadas. 

Foi unha mañá moi divertida na que disfrutaron do outono xogando todos xuntos!!

 

 

DÍA DA BIBLIOTECA

Día da biblioteca

24 de outubro

   Celebramos o día da biblioteca e aproveitamos para inaugurar o noso proxecto "INVENTOS".

 

 

 

Xuntos, cantamos unha canción, coa letra que compuxo Lourdes para a ocasión; facendo referencia ao proxecto

 

e despois, o magnífico tren de biscoito, homenaxe a este medio de transporte que tanto significado ten para a nosa localidade e que, sin dúbida ,é un gran invento, foi degustado por todos os presentes.

 

Desexámosvos a todos e todas,moi felices lecturas!

Distribuir contido


by Dr. Radut