Skip to Content

Ed. Infantil

Comezamos

Boas nenos e nenas, que tal? as profes de infantil esperamos que esteades todos ben, nesta entrada deixamos un arquivo adxunto con cousiñas interesantes para ir facendo e lembrando o que xa sabedes coa axuda de mamá e/ou papá.

Moito animo, xa queda menos.

TRABALLIÑOS

Esperamos que vos gusten.

SEMANA SANTA

Ola nenos e nenas!

As profes de infantil queremos desexarvos que pasedes unha feliz Semana Santa xunto coas vosas familias.Esperamos que estedes ben de saúde que é o que máis pedimos nestes días.

Aproveitade esta situación para disfrutar moito na casa facendo distintas cousas:lendo contos,facendo debuxos;podedes facer cestiños con envases de iogur,decoralos e poñerlles unha asa de cartolina e despois metédeslles oviños de chocolate ou caramelos para estes días.

Tamén facer ovos con masa para modelar e unha vez secos decoralos con rotuladores,pintura de dedos con pincel...

Facer colares e pulseiras con pasta(macarróns) de cores meténdolles un cordón polos buratiños.

Facer números nun papel,recortalos,pegalos nun bote e despois con fabas,botóns,etc.contar e meter dentro do bote tantos como nos indica o número.

Xogar a contar SÍLABAS:collemos xoguetes que temos pola casa,decimos o seu nome dando palmas e contamos cantas demos.Despois escribimos o nome nun papel( con axuda da familia) e o número correspondente de sílabas.

Facemos sumas cos nomes dos nosos compañeiros/as.Exemplo:

ISAURA  +  ANTÓN  =  11

    6               5

Contamos as letras e despois sumamos.Para que sexa máis fácil podemos poñer unha faba por cada letra e logo contámolas todas.

Os máis pequenos non suman pero podemos escribir o nome dos compañeiros e contar con eles as letras.

SEMANA SANTA

ANIMO DAS PROFES DE INFANTIL

 

 

 

ACTIVIDADES ORIENTATIVAS

Distribuir contido


by Dr. Radut