Skip to Content

2º Educación Primaria

DÍA CONTRA A VIOLECIA DE XÉNERO

Os alumnos de 2º de primaria conmemoran o 25 de novembro- DÍA CONTRA A VIOLECIA DE XÉNERO

 

Proxecto: "OS VOLCÁNS"

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do proxecto que os nenos e nenas de segundo estivemos a realizar sobre os volcáns (contextualizando a nosa proposta no volcán da Palma).

Para iso, e como podedes comprobar, levamos a cabo diferentes tarefas entre elas: a busca de información en diferentes soportes (lectura de libros, visualización de documentais...), tamén traballamos a expresión escrita e a escritura creativa, levamos a cabo actividades para fomentar a resolución de problemas...

Ademáis diso traballamos coa realidade aumentada e puidemos ver como erupcionaba un volcán, así como as súas partes. Mais o que máis nos gustou, sen lugar a dúbidas, foi o experimento.

 

COMO NOS GUSTA APRENDER E DIVERTIRNOS!

As nenas e nenos de 2ºEP presentan...

As nenas e nenos de 2ºEP presentamos a vida e obra de Rosalía de Castro. Esperamos que vos guste. Con este vídeo desexámosvos bo verán! 

 

 

Emisión 2º EP

O 12 de marzo, as nenas e nenos de Segundo de Educación Primaria fixemos a nosa emisión na radio Radiola. Dádelle ao play para escoitar o noso poema sobre a primavera.

 

Proxecto 2º EP

Xa estamos de volta con máis novidades!

Recordades que esta semana estamos facendo un recopilatorio dos nosos traballos sobre o proxecto do centro? Agora tócalle aos compañeiros e compañeiras de segundo, coa emisión do seu programa, Reporteiros Viaxeiros; líder en audiencias!

EMISIÓN DE RADIO 2º

Os nenos e nenas de segundo realizamos a nosa primeira emisión radiofónica. O pasado día 10 de maio recitamos unha poesía recollida polo homenaxeado no día das Letras Galegas, Antonio Fraguas.

Deixámosvos o audio para que poidades disfrutalo, amenizado pola música do grupo "Tiruleque" coa súa canción "A laranxa"


3:51 minutes (5.28 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut