Skip to Content

Novembro 2019

PROFESORADO

TITORAS:

  • 4º e 5°  Educación Infantil - María José Uzal Prado
  • 6º Educación Infantil - María Esther Sandá Iglesias
  • 1º Educación Primaria- Ana Naveira Vázquez.
  • 2º Educación Primaria - Laura Rodríguez Noguerol
  • 3º Educación Primaria - Pablo Barcía Fuentes.
  • 4º Educación Primaria - Inmaculada García Lombardía
  • 5º Educación Primaria -  María Carmen Abad Brañas.
  • 6º Educación Primaria - María Lourdes Castiñeira Blanco.

 

ESPECIALISTAS

  • Inglés - Maria José Cartemil Freire
  • Audición e Linguaxe - Lucía Boga Rico
  • Pedagoxía Terapéutica - María José Lorenzo Vilas
  • Educación Física - María Jesús Barral Bascoy
  • Música - Laura Varela López
  • Relixión - María Isabel Castiñeira Souto
  • Orientación - María Iglesias Lombao

Pesadelo no CEIP de Curtis

As nenas e nenos de 4º de EP do CEIP de Curtis, aproveitando estas terroríficas datas, presentámosvos a nosa curta "Pesadelo no CEIP de Curtis". Animádevos a vela.

 

  

No CEIP de Curtis celebramos o magosto!

Durante os días pasados, alumnos e familias afanáronse por adornar as súas cabazas con detalles relacionados co tema do proxecto de centro deste curso: Un conto, unha maleta. Así, cada grupo de alumnos de nivel mostrou representacións dos respectivos países a coñecer. Velaquí as mostras do seu traballo. 

Así mesmo, o mércores 30 de outubro, festexamos o magosto con dous acontecementos moi proveitosos.

Por un lado, degustamos o asado de castañas, todos xuntos, grandes e pequenos, grazas ao castañeiro que nos acompañou neste día.  

 Por outro ladodesfixémonos dos pesares e das teimas que días antes botáramos á gran caixa dos medos. E, como se dun ritual se tratase, queimámolo todo. 

 

MENÚ NOVEMBRO

ACTIVIDADE COAS FAMILIAS : ARANZA E ALBERTO, PAIS DE VERA

           

 

O día 26 de setembro, os pais de Vera visitaron a nosa aula para enseñarnos os segredos do mundo microscópico, e, como non,  convidamos aos alumnos de 6º para que todos xuntos poidéramos aprender e saber máis sobre o que nos rodea. Pasámolo moi ben!

 

DIA DA INFANCIA

O pasado día 20 de novembro conmemoramos o DIA DA INFANCIA. 

Días antes foise falando dos dereitos dos nenos e se os teñen en conta nos paises do mundo que estudiamos en cada nivel educativo este curso: Kenia, Estados Unidos, Groenlandia, Grecia, China, Rusia, Cuba, Exipto e Francia.

 

O resultado das conclusións recolleuse no taboleiro do colexio. Podédelo ver aquí...

 

 

 

DÁLLE PASAPORTE Á VIOLENCIA

"DÁLLE PASAPORTE Á VIOLENCIA"

O pasado 25 de novembro conmemoramos o día da erradicación da violencia contra a muller. O noso lema de traballo para ese día foi "Dálle pasaporte á violencia". Para iso, cada grupo de clase buscou unha palabra ou frase sobre o tema. Algunhas desas palabras ou frases foron: "Pensa, contrólate, detente. A vida non é un xogo", "Para vivir en paz e harmonía, respectémonos", "Non fales de malas formas. Non insultes xamais. Non queremos a violencia", "A violencia non é un xogo: non xogues con ela! ou "Ser mais tolerantes. Ter respeto polas persoas e as súas opinións".

Ese día rematamos a xornada cantando todos a canción de Amaral: "Salir corriendo".

 



by Dr. Radut