Skip to Content

Titoría

UN ATA LOGO DOS VOSOS COMPAÑEIROS DE QUINTO

BOS DÍAS COMPAÑEIROS:

OS NENOS E NENAS DE QUINTO ACORDÁMONOS DE VÓS NUN DÍA QUE DEBERÍA SER MOI ESPECIAL E, DESAFORTUNADAMENTE, NON PODE SER ASÍ. PERO QUEREMOS QUE SAIBADES QUE VOS TEMOS NO PENSAMENTO E QUE VOS DESEXAMOS O MELLOR NESTA NOVA ETAPA. AGARDAMOS QUE VOS ESPEREN MOITOS MOMENTOS ESPECIAIS NO INSTITUTO. UNHA APERTA MOI FORTE.

Palabras dunha despedida , non dun adeus

Ola a todos e a todas ! Quero facervos chegar  unhas cartas  de despedida d@s alumn@s de sexto de Primaria , que este curso acabaron dun xeito moi singular . Estes rapaces e rapazas  quixeron deixar constancia do que pensan do seu paso polo CEIP de Curtis .

Son consciente de  que o que escribiron foi feito co corazón .Non hai nada mellor que a espontaneidade  e os sentimentos xorden ,son espontáneos . 

Aproveito para despedirme , como titora , deste grupo de sexto que vai iniciar unha nova etapa nas súas vidas. Deséxolles todo o mellor  e que lembren sempre que 

" hai que ser un mesmo " , " crer   no que somos  " , e 

  " todo  é  posible se nós queremos que sexa posible " 

 Quero recordarlles tamén que aquí teñen sempre unha amiga .

 Apertas  

 Lourdes 

 

REMATA O CURSO ...

Ola a todos e  a todas : este é o último saúdo do curso .Parece que é un soño  acabar dun xeito tan singular . O que non é un soño é que  eu vos diga que contei todo este tempo cos rapaces e rapazas  marabillos@s . Deséxovos o mellor .

Para esta semana  propóñovos que saquedes un pouquiño máis de vós , facéndome chegar o voso sentimento .

Quero que saibades  que tedes aquí unha amiga .Ata sempre !!

Mando adxunto .

Distribuir contido


by Dr. Radut