Skip to Content

A radio é poesía

Ola , ola ! Os alumnos de 5º de  Primaria : Marta, Miguel , Lorena e Nerea  e Nico de 6º  inauguraron  a nosa Radio , Radio Radiola , a radio que máis mola , a radio da nosa escola  o día 12 de abril , para que marchasemos de vacacións de Semana Santa cun son agradable nos nosos oídos .

Nesta sesión inaugural contamos cunhas bonitas voces que nos fixeron chegar uns poemas  sobre o que é A RADIO .

Fixeron unha identificación da Radio coa Poesía ,porque  cando se fai radio estás facendo poesía .Na radio hai ritmo , hai entoación , hai tono , e sobre todo hai alma de poeta , porque o que se transmite , séntese .

Esperamos  que SINTADES A RADIO , QUE SINTADES A POESÍA !!! Nós  xa a sentimos día a día .



audio | by Dr. Radut