Skip to Content

Novembro 2021

Tortitas de Hugo

Excursión 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, asistimos ao Museo Provincial de Lugo e ao Codex Cinema, o pasado 25 de novembro.

 

 

Proxecto: "OS VOLCÁNS"

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do proxecto que os nenos e nenas de segundo estivemos a realizar sobre os volcáns (contextualizando a nosa proposta no volcán da Palma).

Para iso, e como podedes comprobar, levamos a cabo diferentes tarefas entre elas: a busca de información en diferentes soportes (lectura de libros, visualización de documentais...), tamén traballamos a expresión escrita e a escritura creativa, levamos a cabo actividades para fomentar a resolución de problemas...

Ademáis diso traballamos coa realidade aumentada e puidemos ver como erupcionaba un volcán, así como as súas partes. Mais o que máis nos gustou, sen lugar a dúbidas, foi o experimento.

 

COMO NOS GUSTA APRENDER E DIVERTIRNOS!

Distribución de máscaras para o alumnado

 

Este venres, 12 de novembro, saíu publicada no DOG  a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras nos colexios. No ficheiro adxunto poden consultala.

Serán beneficiarias aquelas familias que recibiron a axuda para adquirir material escolar e NON terán que presentar a solicitude.

Poderán presentar a solicitude aquelas familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros, ou suxeitos a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teña una discapacidade igual ou superior ao 65%; que non solicitaran por diferentes circunstancias a axuda para a adquisición de material escolar.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 26 de novembro e deberán entregarse no centro educativo. Poden atopar a solicitude no anexo da orde ou no centro educativo.

XA SOMOS BIBLIOTECA CREATIVA!

Xa somos biblioteca creativa!
A nosa biblioteca é un dos 25 novos centros que participan no programa BIBLIOTECA CREATIVA, que apoia a cultura da experimentación, a creación e a investigación en espazos creativos e cooperativos vinculados coa biblioteca ofertando aos nosos alumnos novas oportunidades de multialfabetización. 

HUGO: Volcanes de chocolate.

DÍA CONTRA A VIOLECIA DE XÉNERO

Os alumnos de 2º de primaria conmemoran o 25 de novembro- DÍA CONTRA A VIOLECIA DE XÉNERO

 

Constitución da Xunta Electoral

                                                        CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

                                                                                                             CEIP CURTIS

                                                                                            Rúa Alcalde Espiñeira s/n, 15379-Curtis Tlf. 881880647  Fax: 881880648

                                                                                                                   

 

 

 

Sendo as 10:00h  do dia 2 de novembro de 2021constituese a xunta electoral para as eleccións ao Consello Escolar de 2021, estando integrada polos seguintes membros:

 

 

Mª Concepción Sánchez Míguez

- Laura Varela López

-Ana María Vázquez Sánchez

-María Jesús Barral Bascoy

 

Apróbase o calendario de actuacións que consiste no seguinte:

 

2 de novembro. Publicación de censos electores.

3 de novembro. Publicación das convocatorias.

4 de novembro. Empeza o prazo de presentación de candidaturas e reclamación de censos.

9 de novembro. Convocatoria claustro informativo e convocatoria 2ª reunión da xunta electoral.

11 de novembro. Remata o prazo de presentación de candidaturas

15 de novembro. 2ª reunión de xunta electoral, proclamación de candidaturas, aprobación de censos, papeletas e sorteo de mesa electoral.

Claustro informativo.

17 de novembro. Enviar citacións convocatoria constitución mesa electoral pais. E envio convocatoria claustro extraordinario.

18 de novembro:Circular aos pais lembrando votacións e convocatoria 3ª reunión de xunta electoral.

22 de novembro: Votacións pais e claustro extraordinario.

23 de novembro. 3ª reunión xunta electoral e proclamación de candidatos electos. Envio das actas das mesas electorais ao Xefe Territorial.

24 de novembro. Convocatoria constitución do Consello Escolar.

SPAGUETIS DE SARA

Arte Pop

Con motivo do Magosto descubrimos a Arte Pop, tamén coñecida polo seu nome en inglés Pop Art. Este movemento artístico, do século XX, caracterizouse por empregar imaxes de obxectos da cultura popular. Na seguinte imaxe podedes ver como quedou a nosa castaña.

 

 

ESPAGUETES SARA II

O SAMAÍN NO CEIP DE CURTIS

Entrado o mes de novembro, deixamos atrás o Samaín e a súa celebración. Este ano propuxémoslle ao alumnado que decorase cabazas unindo a temática do Samaín co proxecto do centro "Namor-ARTE". 

O noso alumnado e as súas familias traballaron duro e conseguiron facer verdadeiras obras de arte, tal e como se pode comprobar no seguinte vídeo. 

Despois de velas expostas, mesmo lle poderiamos chamar "Cabaz-ARTE" para ir en consonancia co noso proxecto. Verdade que é un nome ben artístico? Ocórreseche algún outro máis acaído?

Agardamos que vos gusten as creacións do noso alumnado!

Para os e as que queirades saber máis sobre a celebración do Samaín en Galicia podedes picar aquí ou aquí

 

ESPAGUETES SARA I

PXA 2021 - 2022

OVOS FRITIDOS DE MARTÍN

Pizza mexicana de Sara

MENÚ MES DE DECEMBRO



by Dr. Radut