Skip to Content

Titoría

ÚLTIMOS DÍAS

Ola nenos e nenas!

Como ben sabedes este curso, tan atípico, chega ao seu fin, tan só dúas semanas para dalo por rematado. 

Sei que esta recta final, estes tres últimos meses, non foron fáciles para ninguén. Tivemos que poñernos as pilas e aprender a traballar dunha maneira ben distinta á que estabamos afeitos pero co noso traballo, que a pesares da distancia física entre uns e outros, conseguimos, creo, un resultado máis que satisfactorio.

Síntome super orgullosa de cada un de vós e, a pesares de que non poidemos ter outro contacto que non fose a través de medios tecnolóxicos, asegúrovos que máis que nunca sentín o sentimento de grupo que nos caracteriza, esa unidade e complicidade que sabemos que hai entre todos nós. FORMAMOS UN GRAN EQUIPO.

Para estas dúas semanas vouvos a recomendar algún enlace por si queredes visitar e fedellar por aí para pasar un bo rato pero quero que sepades que aínda que non teñades que mandarme máis tarefas, eu seguirei estando a vosa disposición para todo o que precisedes.

Bicos e apertas a moreas.

                                                Laura.

https://www.aulaplaneta.com/2017/05/18/en-familia/doce-plataformas-de-juegos-online-para-aprender-y-divertirse/

https://www.mundoprimaria.com/

http://www.cristic.com/juegos-educativos/

https://www.educapeques.com/juegos-educativos

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Boas nenos e nenas! Adxúntovos os traballos para esta semana. Recordade que o de plástica é o da semana pasada.

Bicos e apertas fortes para tod@s.

SEMANA DO 11 AO 15 MAIO

Boas nenos e nenas! Unha semana máis déixovos os traballiños adxuntos.

Cómpre sinalar que esta semana, concretamente o domingo, celébrase o Día das Letras Galegas e co fin de que coñezades algo máis do autor homenaxeado este ano,  Ricardo Carballo Calero, déixovos un enlace ao que poderedes acceder e no que poderedes pasar un bo rato mentres descubrides a vida e obra de nomeado autor. Xa me contaredes a ver si o pasastes ben!

Unha aperta moi forte para todos vós!

 

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?fbclid=IwAR06Hai5lZcLlks57qPMbHcxeQjrCWbh5iju0fns_tTFY7cuHSHvRDKfAqY

5-8 maio

Unha vez máis déixovos o traballiño para esta curta semana (recordade que este luns, nun principio, non teriamos clase).

Unha aperta e bico super forte para tod@s!

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL. TITORÍA

Boas nenos e nenas! Déixovos o traballo para realizar aos longo desta semana que comeza mañá. Xa sabedes que ante calquera dúbida tedes o meu correo, para o que precisedes. 

Transmítovos toda a miña forza e ánimo, sodes un gran exemplo para tod@s.

Unha super aperta, Laura.

TRABALLIÑOS

Boas nenos e nenas! Envíovos algúns traballiños moi sinxelos para que vaiades mirando estes días antes de meternos de cheo xa na semana que ven.

Un bicazo e moitas apertas para tod@s!

                                                           Laura

 

PD: Visto que a situación se está alongando máis do que pensabamos envíovos tamén máis páxinas do diario.

Distribuir contido


by Dr. Radut