Skip to Content

Febreiro 2023

Se un bo entroido queres pasar, ata o cole de Curtis debes chegar.

Se un bo entroido queres pasar, ata o cole de Curtis debes chegar.

 

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro no CEIP de Curtis celebramos o día da paz. 

Para esta conmemoración realizamos entre todos os cursos un mural representando barquiños acudindo a Ucrania a levar palabras amables de paz. 

Ademais cantamos todos xuntos no patio a canción PAZ PARA VIVIR, de María Vasán. 

Deixámosvos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos!!

 

 

AS COMANDAS DO MECO

XA PODEDES CONSULTAR OS MANDADOS DO MECO PARA OS DÍAS 13, 14, 15 E 16  DE FEBREIRO. ANIMÁDEVOS!

Solicitude de Admisión

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (CURSO 2023/2024)

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 DE MARZO AO 20 DE MARZO

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando os documentos que se atopan en ficheiros adxuntos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

MENÚ MES DE MARZO 2023

ADMISIÓN 20223/2024

ADMISIÓN 20223/2024

A ORDE do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centro docentes sostidos con fondos públicos, establece os seguintes prazos:

-   Presentación da solicitude de admisión: 1 – 20 de marzo.

-     Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.

-     Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.

-      Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

Ademais da instancia, deberán presentar unha fotocopia cotexada do libro de familia.

A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo II – bis). Nas situacións de violencia de xénero non é necesaria a sinatura do agresor.

Lémbrase que o alumnado que se atopa matriculado actualmente ten reserva de praza automática para o seguinte curso escolar.

Horario de atención no centro educativo:

De luns a venres: 9:15 a 10:30 horas.

No caso de que non sexa posible acudir ao centro neste horario, deben poñerse en contacto co centro no seguinte número: 881880647.

VACANTES ESTIMADAS 2023/2024

CURSO

VACANTES ESTIMADAS

 

4º Ed. Inf.

 

25

 

5º Ed. Inf.

 

15

 

6º Ed. Inf.

 

11

 

1º Ed. Pri.

 

13

 

2º Ed. Pri.

 

2

 

3º Ed. Pri.

 

16

 

4º Ed. Pri.

 

4

 

5º Ed. Pri.

 

7

 

6º Ed. Pri.

 

13



by Dr. Radut