Skip to Content

4º Educación Primaria

Día do Libro

Emisión 4ºEP

O 6 de marzo, as nenas e nenos de cuarto de Educación Primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data próxima ao 8 de marzo, decidimos que o noso programa estivese dedicado ao Día Internacional da Muller. E coas palabras de Guadi Galego “nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá” despedímonos ata a próxima emisión.  Dádelle ao play para escoitarnos.
 

Pesadelo no CEIP de Curtis

As nenas e nenos de 4º de EP do CEIP de Curtis, aproveitando estas terroríficas datas, presentámosvos a nosa curta "Pesadelo no CEIP de Curtis". Animádevos a vela.

 

  

EXPOSICIÓN PROXECTO 4º E.P.

 Os alumnos de 4º formamos un grupo de reporteiros que dá conta do seu traballo ó longo do curso ante o resto do colexio. Así o expuxemos na biblioteca ... (podedes pinchar aquí)  

 

CURTIS NA LEMBRANZA: AS FEIRAS DE 1900

 

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria participamos no I Concurso de Podcast de Radio na biblio cunha curta emisión de radio que leva por título “Curtis na lembranza: As feiras de 1900” na que queremos por de manifesto a nosa historia, tendo como eixo vertebrador as feiras que tanto nos caracterizan, a nosa mellor tradición.

 

Así, decidimos realizar un faladoiro no que cada neno e nena aportara información sobre este evento, así como os datos que nos pareceron máis importantes e curiosos logo dun traballo de busca, reflexión e visionado de diferentes vídeos e fotografías.

Desfrutade deste audio e non esquezades que tedes unha cita en Curtis a última fin de semana de xullo.

 

 

 

 

 


4:57 minutes (4.54 MB)

PAZ + RADIO = O PASAPALABRA DA PAZ DE 4º

O 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e o 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio; por iso, os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria pensaron en facer un "PASAPALABRA DA PAZ" con palabras relacionadas coa PAZ e a CONVIVENCIA, e todo como se dun programa de radio se tratara, son uns auténticos reporteiros e reporteiras!

Lograredes adiviñar as palabras? Anímate e escóitanos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut