ola, os alumnos de quinto de primaria están a facer unha reportaxes, dun xeito moi natural, son curta-reportaxes para que vostedes aprecien o que temos ao noso arredor .
Eles van facer uso da palabra, que unida ás imaxes fan a comunicación .
Chega maio , chega o mes das flores , o mes das nosas Letras . Este ano o homenaxeado é Antón Fraguas , unha figura relevante do patrimonio cultural do noso pobo galego .
As letras son coma bolboretas : lixeiras , fermosas e libres , por iso imos celebralas ao seu son .
O 15 de marzo, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria acudimos a Santiago de Compostela. Alí visitamos a Xunta de Galicia e despois desplazámonos ata o Parlamento de Galicia. Ademais, xantamos na cidade e convivimos cos nosos compañeiros e compañeiras.
No seguinte vídeo, podedes ver o ben que o pasamos.
Ola , ola ! Os alumnos de 5º de Primaria : Marta, Miguel , Lorena e Nerea e Nico de 6º inauguraron a nosa Radio , Radio Radiola , a radio que máis mola , a radio da nosa escola o día 12 de abril , para que marchasemos de vacacións de Semana Santa cun son agradable nos nosos oídos .
Nesta sesión inaugural contamos cunhas bonitas voces que nos fixeron chegar uns poemas sobre o que é A RADIO .
Fixeron unha identificación da Radio coa Poesía ,porque cando se fai radio estás facendo poesía .Na radio hai ritmo , hai entoación , hai tono , e sobre todo hai alma de poeta , porque o que se transmite , séntese .
Esperamos que SINTADES A RADIO , QUE SINTADES A POESÍA !!! Nós xa a sentimos día a día .
ADO QUE NOS ATOPAMOS NUN TEMPO DE INQUIETUDES POLÍTICAS, POR APROXIMARSE ELECCIÓNS, QUEREMOS ADICAR NESTA ENTREGA DE "AO TEU CARÓN" A UNHA ENTREVISTA REALIZADA AO ALCALDE DE CURTIS POLOS ALUMNOS DE QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA NA BIBLIOTECA DO CENTRO. A PESAR DE TER MÁIS DUNHA HORA DE GRABACIÓN, SÓ POIDEMOS SUBIR ESTES VINTE MINUTOS. QUEREMOS QUE TEÑADES EN CONTA QUE, TANTO O SON COMO A IMAXE, ASÍ COMO AS PREGUNTAS E A ORGANIZACIÓN FOI PLENAMENTE REALIZADA POLO ALUMNADO. AGARDAMOS QUE SEXA DO VOSO AGRADO.
O pasado martes 23, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria visitamos o CEIP Forte Bragade de Cesuras para acudir a fantástica obra de teatro "Jack and the Giant", da compañía Face2face; unha historia inspirada no famoso conto das fabas máxicas.
RESEÑA:
Jack, un mozo de familia humilde, intercambia a vaca da súa familia por unhas fabas máxicas. As fabas crecen pola noite e convértense nunha xigantesca árbore. Jack escala a árbore ata chegar a un palacio nas minchas cuxo inquilino é un xigante feroz e cruel. Conseguirá Jack facerse amigo do xigante?
O pasado 12 de Abril, o alumnado de Educación Infantil e os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria fomos ata Santiago para ver a exposición "Como hemos cambiado", no centro comercial As Cancelas, na que descubrimos como era a vida cotiá na década dos 50, 60, 70 e 80: escenografías, utensílios de cociña, xoguetes, teléfonos, ordenadores...
Despois de merendar e xogar un pouco, achegámonos ata o Museo de Historia Natural para coñecer as súas coleccións botánicas, zoolóxicas e xeolóxicas.
Neste traballo de equipo, cinco alumnos do 6º nivel de Educación Primaria, aportan información sobre un importante recurso que a natureza nos ofrece nun dos concellos limítrofes de Curtis: Oza- Cesuras. Trátanse dunha serie de fervenzas sobre o río Mendo que dan lugar a paisaxes espectaculares que chaman a atención daqueles sendeiristas que se animan a realizar o roteiro sinalado ao longo de parte do seu percorrido. Quixeron buscar información e divulgala a través da nosa radio para que a xente que non oíu falar deste maravilloso lugar se anime a visitalo. É unha maneira de publicitar a riqueza medio- ambiental que eles coñecen.
Con motivo da celebración do Día do libro, e aproveitando as sesións do plan lector, ao longo desta semana reunirémonos na biblioteca do centro para compartir relatos e contos. Hoxe os compañeiros e compañeiras de cuarto, quinto e sexto de primaria foron os encargados de inaugurar dita celebración. Mirade que ben o fixeron!
Continuando coa Semana do Libro, hoxe as narracións de contos estiveron a cargo dos nosos compañeiros e compañeiras de primeiro, segundo e terceiro de Educación Primaria. Queredes saber cales foron os contos elixidos? Descubrideo no vídeo!
Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria participamos no I Concurso de Podcast de Radio na biblio cunha curta emisión de radio que leva por título “Curtis na lembranza: As feiras de 1900” na que queremos por de manifesto a nosa historia, tendo como eixo vertebrador as feiras que tanto nos caracterizan, a nosa mellor tradición.
Así, decidimos realizar un faladoiro no que cada neno e nena aportara información sobre este evento, así como os datos que nos pareceron máis importantes e curiosos logo dun traballo de busca, reflexión e visionado de diferentes vídeos e fotografías.
Desfrutade deste audio e non esquezades que tedes unha cita en Curtis a última fin de semana de xullo.
Saúdos a tod@ os visitantes desta páxina web. Esta semana en, "Ao teu carón", temos dúas interesantes entrevistas dos alumnos de quinto. Laura entrevista ao seu pai e Diego, á súa nai, para coñecer un pouquiño máis do seus traballos.