Skip to Content

4 anos

REMATAMOS O CURSO

Ola nenos e nenas, nesta semana do 15 ao 19 do mes de xuño , rematamos as tarefas deste curso escolar. Como proposta de traballo para esta semana déixovos unhas actividades que me parecen interesantes.Estou moi contenta dos vosos traballos ao longo destes meses pasados. Traballáchedes moito.

Deséxovos un verán moi feliz coas vosas familias e que o pasedes moi ben.

Unha aperta moi forte da profe Esther que vos quere moito.

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO.5º EDUCACIÓN INFANTIL.

Boas tardes nenos e nenas. Para esta segunda semana do mes de xuño, déixovos estas tarefas.Espero que sigades traballando con moito ánimo. Estádelo facendo moi ben.

Un biquiño da vosa profe Esther.

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO.5º EDUCACIÓN INFANTIL

Ola nenos e nenas. Xa rematamos o mes de maio, empezamos un mes novo, déixovos unhas actividades  para esta primeira semana do mes de xuño, como sempre espero que vos gusten.

Unha forte aperta da profe Esther.

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO. 5º EDUCACIÓN INFANTIL

Boas tardes familias, ola nenos e nenas.Para esta derradeira semana do mes de maio, déixovos unhas actividades moi interesantes, para seguir aprendendo moitas cousas, con alegría e ilusión.Ata pronto.Unha forte aperta.

A profe Esther

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO18 AO 22 DE MAIO 5º EDUCACIÓN INFANTIL

Boas tardes nenos e nenas.Espero que vos encontredes ben igual que as vosas familias.Déixovos unhas tarefas para esta nova semana do mes de maio.Aproveitade o bo tempo para xogar moito e pasalo ben.

Moitos biquiños da vosa profe Esther.

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. 5º EDUCACIÓN INFANTIL

Ola nenos e nenas, supoño que estaredes máis contentos/as dende que xa podemos saír das nosas casas para xogar, pasear e disfrutar da primavera.Xa sei que estades traballando moito e que vos portades moi ben.Para esta semana propóñovos estas actividades, con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS o 17 de maio,este ano adicadas a Ricardo CARVALHO CALERO.

Espero que vos gusten moito e disfrutedes facéndoas.

Unha forte aperta. A profe ESTHER.

ACTIVIDADES DO MES DE MAIO. 5º EDUCACIÓN INFANTIL

Bos días nenos/as, para esta semana propóñovos algunhas actividades que espero que vos gusten e sexan interesantes.

Moitos bicos para todos. Con cariño a profe Esther

PROXECTO ESTADOS UNIDOS 5º EDUCACIÓN INFANTIL

Ola nenos e nenas:

Mándovos estas fichiñas para seguir investigando no noso proxecto.

Unha forte aperta: a profe Esther.

Actividades semanales

Ola familias!

Como xa vos dixemos por teléfono,enviámosvos un modelo de horario que será voluntario; é só unha proposta e sempre dentro das posibilidades de cada familia.

O obxectivo é manter unhas rutinas o máis parecidas posibles as que temos na escola e na nosa casa,así transmitímoslles seguridade aos nosos cativos e cativas e facilitámosvos que nenos e nenas pasen dunha actividade a outra con facilidade.

No horario en todos os días aparece "calendario".Estaría ben que cun calendario que teñades na casa o neno rodee o día en que estamos e que lle preguntedes que día foi onte e que día será mañá.Así repasa os números.Despois nunha libreta ou folio podédeslle escribir para que copien eles:

-Nome e apelido do neno ou nena.

-O día.Exemplo: LUNS,20-ABRIL-2020

-Hoxe fai.....e fan un debuxo do sol si fai bo día,unha nube si está nublado ou unha nube con chuvia si chove e colorean o debuxo.

As fichas do método, refírese aos libros que vos mandamos na carpeta do 3º trimestre.En 5 anos vai un libro donde aparecen sumas, restas,figuras xeométricas...poden facer unha cada día.

Para as actividades de informática,música,psicomotricidade e plástica podedes entrar nos distintos enlaces que xa colgamos con anterioridade.

Mañá ,xoves 23 de abril é o día do libro. Si queredes podedes elaborar un marcapáxinas.

Deixámosvos unhas fichas da primavera para colorear.

Distribuir contido


by Dr. Radut