Skip to Content

3 anos

Remata o curso

Boa Semana familias, entramos na recta final do curso, e como falamos o mércores anterior, déixovos uns pdf's para traballar se queredes dende este final de curso hasta o final do verán.

Non é nada obrigado de facer, son tarefas relacionadas o traballado na aula. 

Espero volver a vernos no próximo curso, pero se non é así grazas por todo o traballo realizado o longo deste confinamento e de todo o curso, así da gusto traballar. 

Mil millóns de bicos. A profe Patricia.

Nova semana

Boas familias, esta semana deixo unha serie de actividades para facer o longo da semana, como sabedes o día 10 veremonos no cole, e ademáis de entregar as notas dos vosos rapaces e rapazas, tamén levaredes o materail do segundo trimestre onde atoparedes un libro que se chama cousas de Galicia que está sen rematar, polo que poderedes alternar as fichas que vos propoño co libro. Un saudo e seguimos traballando xuntos. Lembrade de taer un pen para grabar as fotos con curso.

A Profe Patricia.

Xuño

Boas familias, espero que esteades todos ben, coma sempre déixovos nos arquivos adxuntos as actividades propostas para esta semana, facede as que poidades ou queirades.

Xa non deixo horario soamente as actividades por días.

Como ben sabedes o día 10 teres que vir a polas notas dos nenos e nenas, así que gustaríame que os que veñades traiades un pendrive para gravar as fotos do curso, volverei a recordalo a próxima semana.

Un saudo.

Rematamos Maio

Boas familias, esta semana deixo nos arquivos adxuntos as actividades semanais en dous formatos diferentes, xa que algúns me comentachedes que tiñades problemas cando as imprimiades.

Espero que esteades todos ben, un biquiño da Profe Pateicia

Continuamos cos traballos

Comezamos nova semana e seguindo a rutina que levamos durante o estado de alarma, deixo nos arquivos adxuntos o novo horario para esta semana así como as actividades diarias.

Déixovos a maiores os dos collage que recibín por parte das familias da clase para conmemorar o día das Letras Galegas.

Un forte aperta. A Profe Patricia.

Collage letras galegas

Boas de novo familias, hoxe asomo por aquí para poñer a college que fixo un dos nosos peques polo día das letras galegas. Quedou xenial!!!

Asi que animovos a que fagades algún máis para así encher a páxina web da clase de verbas bonitas no noso idioma. 

Un bico para todos. 

Semana Das Letras Galegas

Ola familias, que tal vai todo? Espero que ben. Esta semana co galo das Letras Galegas adicadas a Carvalho Calero, as actividades propostas xiran entorno a él. Podedes facer as que quierades.

Como manualidad de esta semana propoñovos que entre todos os membros da familia escribades as vosas palabras favoritas do galego e fagades entre todos un college con elas, podedes tomar como exemplo a seguite imaxe, para logo enviarmas o meu correo e así eu farei unha composición para poder poñer na nosa páxina web do cole.

Un bico emorne da vosa profe Patricia

 

Primeira semana de Maio

Bo día familias, espero que sigades todos ben, deixo nos ficheiros adxuntos o novo horario a seguir nesta semana así como as actividades diarias.

Unha forte aperta. Bicos mil.

Comenzamos nova semana

Bos días familias, para esta semana deixovos nos ficheiros  adxuntos o que sería o horario semanal e máis as actividades por día.

Un bico forte para todos. Ganas do volver a ver a la tribu.

P.D: para manter contecto ademáis do correo podedes descargar a aplicación abalar, tedes os pasos a seguuir na páxina inicial do cole.

Profe Patricia

Boa Fin de Semana

Hoxe comparto un enlace dunha canción súper bonita que coñecín grazas a unha das vosas compañeiras, e non dudei en compartila con todos vos.

Paréceme unha canción súper alegre, algo que precisamos nestes días, comezar o día con alegría.

https://www.youtube.com/watch?v=eFzPy5d7oFo&list=RDeFzPy5d7oFo&start_radio=1

Espero que vos guste tanto máis que a min.

Recordade que calquera cousa que queirades compartir comigo e cos compañeiros podédelo facer a través do correo electrónico: profepatricia@gmail.com

Un bico enorme e ata o luns. Coidádevos moito. Mil bicos.

Distribuir contido


by Dr. Radut