Skip to Content

Maio 2019

MENÚ COMEDOR MAIO

(para visualizar o menú, pinchade na imaxe ou descargade o ficheiro adxunto)

Os nenos e nenas de 3º visitamos Radiola

Os nenos e nenas de terceiro, como non ía ser menos, tamén participamos na nosa radio escolar Radiola.

Ata ela levamos o poema de Manuel María A Fala.

Se non nos escoitache ou, se queres volver a facelo, non dubidedes en dárlle ao PLAY


3:44 minutes (3.43 MB)

TELEXORNAL: LETRAS GALEGAS

 

Con motivo da celebración das letras galegas, na vindeira semana levaremos a cabo unha serie de actividades. Queredes saber cales? Aquí tedes o noso programa.

 

 

(para visualizar mellor o cartel, pinchade na imaxe ou descargade o ficheiro adxunto)

EMISIÓN DE RADIO 2º

Os nenos e nenas de segundo realizamos a nosa primeira emisión radiofónica. O pasado día 10 de maio recitamos unha poesía recollida polo homenaxeado no día das Letras Galegas, Antonio Fraguas.

Deixámosvos o audio para que poidades disfrutalo, amenizado pola música do grupo "Tiruleque" coa súa canción "A laranxa"


3:51 minutes (5.28 MB)

1ª EMISIÓN RADIOFÓNICA DE 5ºEP

Ola  , ola   dende  a nosa radio  Radiola !!

Como ben sabedes estamos  a facer  as nosas pequenas emisións radiofónicas , cada curso sobre o tema  que quere  e  baixo a modalidade que prefira : faladoiros , entrevistas , debates , recitais ...

Alumnos de 5º de Primaria  e un alumno de 6º prepararon unha curta emisión radiofónica  ( en inglés "podcast" )  baixo a modalidade de entrevista . 

Os rapaces e rapazas elaboraron unha serie de preguntas sobre  a pintora Mª Antonia Dans  para facerllas a unha persoa , pertencente á asociación de mulleres A Carballeira , Mª Dolores , moi vinculada coa cultura  do pobo de Curtis .

E  por que Mª Antonia Dans ?  

Pois porque foi unha pintora moi importante  que residiu en Curtis  e polo tanto para o seu patrimonio cultural e artístico .

E  xa que  este ano   o día das Letras Galegas está dedicado a Antón Fraguas , un historiador e etnógrado  importante para o patrimonio cultural  e artístico , nós eliximos a esta pintora para exemplicar un cachiño do noso  patrimonio cultural en Curtis.

 

 


50.19 MB

terceiro by nenos

Proba radio

[audio-player]
0 bytes

Semana das Letras Galegas: Radio Bule Bule

Hoxe, luns 13  de maio, comenzamos a semana de celebración das Letras Galegas coa posta en marcha da primeira das actuacións, coa que nos divertimos moito: Paco Nogueira rróuxonos o seu espectáculo de RADIO BULE BULE.

 

(para visualizar os videos da actuación, clicade nas imaxes)

 

Con el cantamos ,

aprendemos as seccións da radio,

representamos en lingua de signos,

vimos o tempo ,

tivemos concurso,

bailamos...

 

(para visualizar as fotos da actuación, clicade nesta imaxe)

Seitura 2017/2018

Excursión de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

O 8 de maio, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria acudimos a Santiago de Compostela. Alí visitamos as instalación da Televisión de Galicia en San Marcos, onde puidemos ver os diferentes espazos onde se levan a cabo os programas A revista, Bos días e Como un allo. Tamén puidemos entrar no programa Bos días mentres estaban emitindo en directo. Despois acudimos á Cidade da Cultura, alí merendamos e acudimos á exposición FP Innova.

Despois de comer convivimos polas rúas da zona vella de Santiago de Compostela.

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos.

  

(para visualizar as fotos, clicade nesta imaxe)

Semana Letras Galegas

Seguimos celebrando a semana das letras galegas. Hoxe 14 de maio, as nenas e nenos do CEIP de Curtis acudimos ao edificio de usos múltiples de Teixeiro para disfrutar do espectáculo Os Rockenstein, a cargo da compañía de teatro Mala Sombra. 

 

 

 

(para visualizar as fotos da actuación, clicade nesta imaxe)

Semana Letras Galegas: “O Conxuro das Letras”

No Ceip de Curtis continuamos co festexo. Hoxe a celebración correu a cargo do grupo teatral “Os Caxigos”, composto por moitos dos nosos compañeiros e compañeiras do cole, os cales interpretaron unha fermosísima e interesante obra titulada “O Conxuro das Letras”; unha obra montada POR ELES. NORABOA AMIGXS! Quedamos con ganas de máis!

(para visualizar as fotos da actuación, clicade nesta imaxe)

XOGOS DE CONVIVENCIA NAS LETRAS GALEGAS

Para rematar a Semana de celebración das Letras Galegas, coincidindo ademais co día da convivencia, organizamos un circuito de xogos e obradoiros artesanais: elaboración dun maio, tiro á corda, baile da vasoira, guerra de equilibrios, obradoiro galeguista, obradoiro de xoguete con material de reciclaxe, obradoiro oleiro, castelos de carozos, tiro ao caldeiro e obradoiro de baile tradicional galego.

Todos os nenos e nenas, tamén as maestras, pasámolo moi ben. Queremos agradecer a colaboración da ANPA pola axuda para o obradoiro de maios e tamén a todas as familias por colaborar co material necesario.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Para ver máis fotos, clicade na imaxe.

One day in my life

Os alumnos de 6º de educación primaria crearon os seus propios videos, neste caso amósannos as súas rutinas diarias, empregando verbos en tempo pasado. Botádelle un ollo!

 

AXUDAS MATERIAL E LIBROS

 

Queremos informar de que está aberto o prazo para solicitar axudas para material (todos os niveis de primaria),  adquisición de libros (1º e 2ª) e para participar no fondo solidario de libros (3º, 4º, 5º e 6º). Pódense obter os impresos no colexio do 22 de maio ao 1 de xuño. Estes  deberán ser devoltos antes do 20 de xuño.

Segundo a Orde 3 de maio, de 2019, as condicións son as seguintes:

Participación no fondo solidario de libros:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: catro (4) libros.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

 A contía das axudas para adquirir libros de texto será:   Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €.

Renda per cápita da unidade familiar:

1. Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2017 entre o número de membros computables, tendo en conta que, computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

2. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2017, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 415) e a base impoñible do aforro (recadro 435); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

3. Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar.

Membros computables da unidade familiar

1. Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

2. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

3. Non terá a consideración de membro computable:

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b) O agresor nos casos de violencia de xénero.

4. En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2017, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2017, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 

 

PRAZOS PARA FONDO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL.

-         DENDE O 23 DE MAIO AO 1 DE XUÑO: RECOLLER IMPRESOS EN XEFATURA.

-         ATA O 20 DE XUÑO: ENTREGAR SOLICITUDES EN XEFATURA.

-          27 XUÑO: PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DA LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS: FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL.

-         DO 28 AO 1 DE XULLO: RECLAMACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL.

-          2 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA.

-         ENTREGA DE VALES:  3 E 4 DE XULLO.

-         ENTREGA DO FONDO DE LIBROS: 12 DE SETEMBRO.

(O centro resérvase o dereito a cambiar as datas por posibles problemas derivados do uso da aplicación informática, do cal as familias serán oportunamente informadas).

Semana do libro 3/3

O pasado venres, os nenos e nenas de Educación Infantil foron os encargados de clausurar a semana do libro con dúas fermosas poesías sobre a primavera e un conto chulísimo. Queredes ver que ben o fixeron? Mirade!

 

 

ENTREVISTA A UN ENTRENADOR E A DIRECTORA DO CEIP CURTIS

 

XA REMATANDO O CURSO, CONTINUAMOS COAS ENTREVISTAS DO NOSO PROGRAMA. NESTA OCASIÓN CONTAMOS CUN  ENTRENADOR DE FÚTBOL DE CURTIS CO QUE FALA O SEU FILLO, LUCAS ESPIDO E A DIRECTORA DO COLEXIO QUE  É ENTREVISTADA POR MARTA, DE QUINTO.



by Dr. Radut