Ola a todos e a todas ! Quero facervos chegar unhas cartas de despedida d@s alumn@s de sexto de Primaria , que este curso acabaron dun xeito moi singular . Estes rapaces e rapazas quixeron deixar constancia do que pensan do seu paso polo CEIP de Curtis .
Son consciente de que o que escribiron foi feito co corazón .Non hai nada mellor que a espontaneidade e os sentimentos xorden ,son espontáneos .
Aproveito para despedirme , como titora , deste grupo de sexto que vai iniciar unha nova etapa nas súas vidas. Deséxolles todo o mellor e que lembren sempre que
" hai que ser un mesmo " , " crer no que somos " , e
" todo é posible se nós queremos que sexa posible "
Quero recordarlles tamén que aquí teñen sempre unha amiga .
Apertas
Lourdes