Skip to Content

6º Educación Primaria

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Ola  nenos e nenas ! Xa estamos nas vacacións de Semana Santa , e chegamos a ela dunha maneira moi  rara verdade , pero é o que toca . Como dicía o  poeta Antonio Machado : " caminante , no hay camino , se hace camino al  andar " 

e o camiño vaise facendo coas circunstancias , xa vedes .

Nesta semaniña , aqueles que non acabaron  as tarefas destas semanas que o vaian facendo  e lembrade que é importante ter todo  ó día .

Tamén debedes acabar de ler  Veinte mil leguas de viaje submarino ; un pouquiño todos os días . 

E logo quero que me grabedes un vídeo no que , tendo en conta a situación que nos toca vivir  , completedes enunciados coma estes :

EU APRENDÍN  A VALORAR MÁIS ................................

DEIME CONTA DE QUE O IMPORTANTE  É ....................

AGORA DOUME CONTA DE QUE NON APRECIABA ...........

NUNCA PENSARA QUE BOTARÍA  TANTO DE MENOS ........

CANDO ISTO REMATE PENSO........................................

NUNCA MÁIS  VOLVEREI A QUEIXARME  POR ..................

 

No vídeo  quero que expresedes os vosos sentimentos .

E   tamén quero que sexades FELICES , a pesar de todo .

 

 

Actividades Educación Física.

Queridos alumnos e alumnas. Xa estamos chegando ás vacacións de Semana Santa. 

Propóñovos duas actividades para que vaiades facendo estes dias e mas mandedes ao correo do cole (ceip.curtis.estacion@edu.xunta.es).

De todas formas descansade estes dias para logo coller forza e continuar traballando.

 

Espero que nos podamos ver pronto.

Mándovos un documento adxunto.

Música

Dende a materia de música propóñovos as seguintes actividades para realizar nesta semana. 

Vémonos pronto!

Cadro de climas de España

Ola bo día , envíovos o cadro que tedes que completar sobre os climas de España , mirade polo libro nas páxinas 42 e 43.

Mando documento adxunto . Saúdos 

MENSAXE DE ÁNIMO DA PROFE

Reto literario

Os invito a que busquéis en el  libro de  Veinte mil leguas de viaje submarino   ( capítulo VII ) la definición de MAR  , cópiala  y mándala por correo  electrónico . Luego di si esa definición de MAR es un  texto literario y por qué . 

Espero tu respuesta . Puedes hacerlo a lo largo de la semana. 

Actividades de matemáticas

Ola boa tarde ! Para mañá estaba marcado  o exercicio 11 da páxina 129  do libro , pero xa está feito . 

Por iso vos mando unhas fichas con actividades . Facedes a primeira ficha mañá .

Gracias e perdonade .

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN

Ola a tod@s!

 

Espero que sigades todos ben ... xa falta menos.

Tedes unha entrada no meu blog naauladereli.blogspot.com con actividades para esta semana do 30 de marzo ao 3 de abril.

Tamén podedes resolver o RETO SEMANAL, enviando as respostas ao correo m.isasouto@gmail.com. Resolvereino o venres e publicarei os nomes dos acertantes. 

 

Moito ánimo a vos e as vosas familias! 

 

Unha aperta moi forte,

Isabel

 

OBSERVACIÓN

Tedes que perdonar pero o vídeo que vos mandei de francés  hai problemas para que se vexa , a ver se o vou solucionando .Mil perdóns. Son cousas do directo !!! De todos os xeitos o video é de ZAZ   coa canción JE VEUX 

CANTA EN FRANCÉS

Para que cantes en francés mándovos este vídeo 

Distribuir contido


by Dr. Radut