Outras actividades

HÁBITOS SAUDABLES E HÁBITOS LECTORES

O Fomento da Lectura e a Educación para a Saúde son dous temas transversais contemplados no currículo e que traballamos cada día no colexio (recordamos:  sesón diaria adicada á hora lectura, actividades propostas dende a biblioteca escolar, fomento de hábitos alimentarios saudables dende o comedor escolar, educación física,  traballo nas aulas ...). Por que recordamos isto?. Porque o pasado venres, 19 de febreiro, os pequenos e pequenas de Educación Infantil realizaron unha actividade no colexio que aunou a un tempo os dous aspectos: fomentar a lectura e a creatividade e favorecer hábitos alimentarios saudables.

Se queredes coñecer algo máis sobre esta actividade só tedes que premer na seguinte imaxe para enlazar co blog do cole que leva o proxecto de VOZ NATURA neste curso.

 

 

PLAYENERGY

O día 16 de decembro os alumnos de 3º e 4º de primaria participaron no Taller PlayEnergy organizado por Endesa co obxectivo de ampliar os  coñecementos sobre a enerxía e fomentar o aforro enerxético.

A actividade levouse a cabo no propio centro e os alumnos participaron de maneira activa e lúdica en diferentes propostas.

Primeiro traballaron sobre o que consomen os diferentes aparatos eléctricos das casas e recibiron algúns consellos de aforro enerxético.

Logo contestaron unhas preguntas -nunha tablet- ao mesmo tempo que participaron en varios experimentos:

• A forza de pedaleo acender unha lámpada.

• Poñer en marcha un vehículo ao facer xirar unha manivela.

• Poñer en funcionamento un vehículo de propulsión eólica.

• Facer xirar un xiroscopio luminoso tirando dun cordel.

• Impulsar uns barcos na auga cuns globos cheos de aire.

(Preme nas imaxes para acceder á galería de fotos)

FROITOS DO OUTONO

II EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO 

Xa temos na entrada do colexio a II Exposición de Froitos de Outono. Premede nas imaxes para enlazar co blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para coñecer todos os detalles da mesma. 

PLAN DIRECTOR: SEGURIDADE EN INTERNET

Un ano máis participamos no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus Contornos. Este plan, promovido polo Ministerio de Interior en colaboración coas Comunidades Autónomas, pretende dar, coas actuacións recollidas no mesmo, respostas coordinadas e eficaces a todas as cuestións relacionados coa seguridade dos nenos/as nos centros educativos e nos seus arredores. 

Dentro das actuacións ofertadas neste plan, o pasado mércores, 6 de outubro, os alumnos/as de 5º e 6º de primaria asistiron no centro  a unha charla impartida por un membro do Corpo Nacional de Policía sobre o uso das novas tecnoloxías e os seus riscos. Os nenos coñeceron cales son os perigos cos que se poden atopar ao navegar por Internet e polas redes sociais, como evitar o "grooming" ou acoso sexual a menores, como elexir páxinas máis seguras, os riscos das páxinas de descargas de Internet, etc.  

Na seguinte imaxe tedes uns pequenos consellos para disfrutar dunha navegación segura pola rede e o vídeo títulado "Las 10 claves para usar Internet con seguridad":

 

(Premede na imaxe para acceder a máis información)                (Vídeo de www.pantallasamigas.net)

PROTEXENDO O CAMIÑO

O xoves, 24 de setembro, os alumnos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria participaron no recinto escolar na actividade PROTEXENDO O CAMIÑO. O obxectivo desta actividade era dar a coñecer aos cativos o Camiño de Santiago e que valoren o seu poder cultural, económico, patrimonial e social, fomentando valores de respecto e posta en valor do mesmo. Foi realizada polo grupo POLO CORREO DO VENTO, colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artistica dos nenos e nenas. 

  

Os nenos/as coñeceron a historia de Iago e Peregrina, debuxante e fotógrafa, que realizan o Camiño de Santiago tentando protexer as rutas dos riscos que poden sofrer (lixo, feísmo, falta de civismo cos peregrinos ou dos peregrinos, etc...).

 

 

 

Participaron tamén activamente realizando debuxos e reflexionando dun xeito lúdico sobre o que podemos facer para protexer o Camiño.

 

XORNADA SAUDABLE

O mércores, 23 de setembro, os alumnos/as de 6º curso disfrutaron dunha xornada "saudable" grazas a colaboración da cadea de supermercados EROSKI. Co fin de promover nos rapaces/zas unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saudables, o programa desta actividade contou con dous momentos diferenciados:

1º- Persoal do supermercado acudiu ao noso centro para explicar aos alumnos/as a organización de todo o hipermercado, como se realiza o traballo en equipo, as diferentes seccións ... Tamén lles explicaron as claves dunha alimentación saudable, os distintos tipos de nutrientes, a pirámide dos alimentos, a frecuencia de consumo...

2- A actividade completouse coa visita ao centro Eroski situado no barrio da Ponte. Alí coñeceron as distintas seccións: froitería, carnicería, peixería... falaron cos encargados de cada unha e comprobaron, por exemplo, os utensilios que empregan na carnicería, na peixería, as medidas de seguridade... como se conservan os produtos conxelados,  a sección de hixiene...

Remataron a xornada coa degustación dunha merenda saudable a base de froitas, zumes e iogures. Durante a mesma o nenos/as participaron en diversos xogos nos que trataban de adiviñar diferentes alimentos polo tacto ou polo gusto.

 

ÚLTIMO DÍA DO CURSO 2014-15

O venres 19, último día lectivo deste curso escolar, rematamos cunha gran festa organizada pola ANPA do centro no patio do colexio. Nin que dicir que os rapaces/zas pasárono xenial, non podía ser menos: inchables, xogos de auga, touro mecánico, visita de Bob Esponxa... e ao remate a esperada FESTA DA ESCUMA, que xa se está convertendo nun "clásico" a final de curso... ata as colaboradores/as do comedor escolar e cociñeiras se animaron a participar... Como veredes na seguinte presentación de fotos a xornada foi todo un éxito!!!

 

E despois no comedor escolar tivemos un momento moi especial... a despedida de Julia, unha das nosas cociñeiras, chegoulle a hora da súa xubilación e dun merecido descanso despois de 35 anos traballando no comedor do centro. Dende aquí queremos agradecerlle toda a súa adicación e o esforzo realizado ao longo de tantos anos e desexámoslle o mellor nesta nova etapa da súa vida que agora vai comezar.

 

A

T

A

 

 

S

E

M

P

R

E

 

 

 

J

U

L

I

A!

EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA RAIGAME

O corresponsal do xornal La Región da zona de Celanova e membros da Fundación Curros Enríquez desprazáronse ata o noso centro o mércores 13 de maio para que o alumnado de 6º B de primaria, participante na difusión da obra de Curros gravaran unha parte do seu poema máis coñecido "A Virxe do Cristal":

"(...) Era unha pedrña pedra,

era unha pedra pedriña,

como un ovo de galiña

tallado en fino cristal:

unha pedra primorosa, 

elíptica, limpa, pura,

de artificio e soldadura 

sin xiquera unha sinal (...)"

 

E o 17 de maio, o mural realizado polos alumnos/as de 6º B, pertencente ao proxecto sobre a difusión do poema de Curros Enríquez  "A Virxe do Cristal" presidiu o palco no día das Letras Galegas na Exposición Etnográfica Raigame. Quedará exposto permanentemente no terceiro andar da Torre da Homenaxe de Vilanova dos Infantes unha vez rematada a Aula expositiva. 

XORNAL ESCOLAR

Xa saímos na tele!!, o martes 13 de maio emitiuse pola cadea de televisión local TELEMIÑO o programa XORNAL ESCOLAR no que o noso o centro era o protagonista. Os que non puidestes ver o programa aínda tedes ocasión de facelo pois o mesmo repítese ao longo da semana. Estade atentos á programación de TELEMIÑO para coñecer o día e a hora de emisión. E se alguén queda sen velo, non vos preocupedes, en canto estén dispoñibles os vídeos do programa en internet, poremos un enlace na nosa web. 

Como complemento do programa, o mesmo día, o 13 de maio, saímos na edición impresa e na dixital do xornal ourensá La Región.  

Preme na foto para acceder á edición dixital do xornal La Región  Facede clic na imaxe para ler a noticia publicada na edición impresa 

XORNAL ESCOLAR

ATENTOS ESTA SEMANA Á CADEA DE TELEVISIÓN LOCAL TELEMIÑO, O VINDEIRO MÉRCORES, 13 DE MAIO (e repetirase en días posteriores), O NOSO COLE SERÁ O PROTAGONISTA DO PROGRAMA XORNAL ESCOLAR. NON O PERDADES, VEREDES QUE PRESENTADORES E QUE ARTISTAS TEMOS NO COLE...

Powered by Drupal - Design by artinet