Curso 2016-17

MATERIAIS 2016- 2017

 

Para que os teñades sempre a man, nos seguintes enlaces podedes consultar os distintos documentos e fichas que se van entregando ao longo do curso ás familias:

- 1ª actividade familias alumnos/as de 3 anos

- 1ª actividade familias alumnos/as de 4 anos

- 1ª actividade familias alumnos/as de 5 anos 

BENVIDA

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2016-17!!

O día 12 de setembro comezamos o novo curso no noso horario habitual de 9:30 ata 14:30 (15:30 para os nenos/as que fan uso do servizo de comedor escolar).

O alumnado de Ed. Infantil de 3 anos, debido ao período de adaptación, incorporarase paulatinamente segundo o horario que lle foi asignado a cada un na reunión que mantivo a titora cos pais/nais. 

O servizo de transporte e comedor funcionará con normalidade dende o luns día 12.

 

CONTRATOS-PROGRAMA

CURSO 2016/17 

CURSO 2016/17

PROGRAMA DE REFORZO,ORIENTACIÓN   E APOIO (PROA)

Un curso máis o noso centro é un dos centros seleccionados para asinar coa Consellería de Educación un Contrato-Programa ou plan de mellora, destinado a acadar unha educación de calidade para o alumnado, desenvolvendo o máximo posible as súas potencialidades. Coma en anos anteriores a modalidade elexida é a modalidade 1: PROGRAMA DE REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO (PROA). Participarán nel alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, que serán distribuídos en dous grupos e que asistirán en días alternos, durante 2 horas, e despois do horario lectivo, ás actividades impartidas por un docente externo. 

Nos seguintes enlaces tedes toda a información:

- Resolución do 28 de novembro de 2016 pola que se regulan os contratos-programa

- Listaxe provisional dos centros seleccionados 

 

- Páxina da Consellería con información sobre os contrato-programa

 

CURSO 2015/16

Co nome de Contratos-Programa englóbanse diferentes plans ou programas de mellora suscritos entre a Consellería e os centros e

ducativos de infantil, primaria e secundaria co fin de acadar o éxito escolar.

"A iniciativa de contratos-programa trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan de mellora en que se poida, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, potenciar, de forma prioritaria, o desenvolvemento das competencias clave, especialmente a 

competencia matemática, mellorar a convivencia, afondar no logro da excelencia educativa, reducir as taxas de abandono escolar temperá, así como proporcionar atención educativa para a compensación de desigualdades na educación". 

Enlace á Resolución publicada no DOG do 13 de novembro de 2015:

Convocatoria de Contratos-Programa para o curso 2015/2016 

Existen 6 modalidades de actuación dentro deste tipo de programas:

1. Reforzo, orientación e apoio (PROA).

2. Mellora das competencias clave.

3. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.

4. Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.

5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

6. Mellora da calidade na xestión dos centros.

O noso centro solicitou o Plan de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA- modalidade 1) para este curso escolar. Plan destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria que presenta dificultades de aprendizaxe nas materias de matemáticas e lingua para, a través de clases de apoio ou o traballo organizado, mellorar a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo da aula e ás esixencias das diferentes áreas.

Os alumnos/as dos cursos mencionados serán agrupados en dous grupos: 5º e 6º por un lado e 3º e 4º por outro. Un dous grupos recibirá clases de apoio os luns, martes, mércores e xoves de 15:00 h. ata as 16:00 h. e o segundo grupo de 16:15 h. ata 17.15 horas tamén os luns, martes, mércores e xoves. Estas clases serán impartidas por un docente externo ao centro. 

A Consellería acaba de publicar os centros seleccionados entre os que figura o noso:

Resolución definitiva de centros beneficiarios

 

Información ás familias e autorización de participación para os alumnos/as seleccionados:

Autorización para participar no programa PROA

 

Enlace á páxina da Consellería para obter máis información sobre os contrato-programas:

Os Contrato-Programa 

Powered by Drupal - Design by artinet