Contratos-programa

Contratos-programa

Os centros docentes, para lograr a equidade e a excelencia na educación, deben desenvolver as capacidades de todo o alumnado conforme as súas posibilidades e circunstancias e, para iso, teñen que organizarse de xeito diferenciado, planificando os seus recursos e desenvolvendo as actuacións necesarias para o logro duns obxectivos concretos nun período de tempo determinado.

A convocatoria 2016/17 de contratos-programa pretende adaptar as diferentes liñas de traballo ás novidades introducidas pola Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, e pretende potenciar de forma prioritaria o desenvolvemento das competencias clave, especialmente a competencia matemática, así como a mellora da convivencia nos centros, a prevención das desigualdades entre mulleres e homes, a prevención do abandono temperán e do absentismo escolar,  e o logro da excelencia educativa. O fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver ao máximo posible as súas potencialidades e, en definitiva, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.

Preténdese, en resumo, que os centros docentes analicen, por unha banda, as súas fortalezas e debilidades e propoñan medidas específicas de actuación e, por outra, que a Administración educativa proporcione os recursos necesarios para o desenvolvemento de proxectos realistas nos que participe a comunidade educativa e as institucións do contorno.

Esta iniciativa consta de 6 actuacións:

1. Reforzo, orientación e apoio (PROA).

2. Mellora das competencias clave.

3. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.

4. Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.

5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

6. Mellora da calidade na xestión dos centros.

Acceso á aplicación informática