Skip to Content

Anuncios

ATENCIÓN EN SECRETARÍA DO IES ELVIÑA NO PERÍODO DE NADAL

Durante o período de Nadal a secretaría só abrirá o vindeiro día 4 de xaneiro desde as 10:00 ata as 13:00 horas. As solicitudes de certificacións pódense facer a través desta mesma web (sección CERTIFICACIÓNS na icona lateral esquerda) e serán atendidas nese día e horario. Para outras consultas, poden utilizar o correo electrónico do centro.

Bo Nadal!

O persoal do IES Plurilingüe Elviña deséxalles a todos e todas
un moi Feliz Nadal e un venturoso ano 2022!

BOLSAS DE ESTUDOS EN USA (ALUMNADO DE 4º ESO)

Image Bolsas USA

Despois de dous anos de parón Cóvid, o Servizo de Educación do Concello da Coruña volve facer convocatoria pública de axudas económicas para o alumnado de 4º de ESO que desexe estudar o primeiro curso do Bacharelato nos Estados Unidos de América no vindeiro ano académico. As bases completas da convocatoria foron publicadas no BOP do 10 de decembro  pasado onde poden ser consultadas e descargadas o mesmo que na páxina de Programas educativos do Concello. As solicitudes poderán presentarse a partires do 9 de decembro e ata o 31. Os requisitos: estar empadroado na provincia da Coruña, cursar 4º de ESO, ter acadada unha media en 3º de 6,5 puntos e de 7 na materia de inglés. Pódese descargar o tríptico informativo clicando no mapa dos USA (Just below!).

USA

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ENTREGA DE MASCARILLAS

Hoxe martes 30/11/2021 faise publicación das listaxes de adxudicación PROVISIONAIS de mascarillas no taboleiro de anuncios da secretaría do instituto. Haberá un período de reclamación de dous días lectivos desde a publicación destas listaxes. A partir do día 2 de decembro, as listaxes entenderanse como definitivas.

A entrega das mascarillas ao alumnado que as teña asignadas realizarase ao longo da vindeira semana.

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Este martes día 23 de novembro será a xornada de votacións para a renovación dos membros dos diversos sectores representados no Consello escolar. O horario das votacións de cada sector será o que sigue. As actas de cada mesa faranse públicas no taboleiro de información sobre as eleccións (entrada do centro, fronte a conserxería) ao día seguinte:

A. SECTOR FAMILIAS: desde as 16:30 ata as 18:00 horas

B. SECTOR ALUMNADO: desde as 08:30 ata as 12:00 horas

C. SECTOR PAS: desde as 14:00 horas ata as 14:15 horas

D. SECTOR DOCENTES: desde as 14:50 ata as 15:20 horas

SOLICITUDE DE MASCARILLAS PARA O ALUMNADO DE ESO

REPARTO DE MASCARILLAS AO ALUMNADO

     A Consellería de cultura, educación e universidade ven de publicar a Orde de 28 de outubro de 2021 segundo a cal proporcionará, a través dos centros de ensino, mascarillas a todo aquel alumnado cuxa renda per cápita familiar non supere os 6 000 €. Dado que esta é a cantidade que se utiliza como tope para a obtención do vale de material escolar do Fondolibros, todos aqueles aos que lles foi concedido o vale no mes de setembro (ou máis tarde no caso de formalización da matrícula por traslado) terán dereito de oficio ás mascarillas (NON PRECISAN SOLICITALAS).

     No resto dos casos, as familias deberán facer solicitude no prazo máximo de 10 días habiles a contar desde o 15 de novembro (seguinte día á publicación no DOG da Orde correspondente), é dicir, con data límite de 26 de novembro incluído. A tramitación deberá realizarse na SECRETARÍA do propio instituto aportando a documentación que se indica na Orde.

     Poden atopar os documentos necesarios e toda a información na Sede electrónica da Xunta de Galicia (PROCEDEMENTO ED330E) [Non se pode tramitar desde a sede electrónica. O enlace só é válido para a descarga dos anexos e como información].


DOCUMENTACIÓN NECESARIA

(salvo o ANEXO I, toda a documentación é a mesma que a do Fondo solidario de libros)

a) ANEXO I e ANEXO II (de comprobación de datos)

b)
Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. En casos excepcionais, permitirase un volante de convivencia como xustificante.

c)
Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d)
Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f)
Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g)
Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

IMPORTANTE: ENTREGA DAS MASCARILLAS. En datas vindeiras informarase do procedemento de reparto das mascarillas entre o alumnado ao que lle correspondan.

Distribuir contido


by Dr. Radut