Skip to Content

Libros de texto, Fondolibros, Libros de aula

ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS E DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DO CURSO 2019-20

Boletíns de notas finais. Devolución de libros do Fondo.
Devolución de fianzas das taquillas

Os días 25 e 26 de xuño farase a entrega dos boletíns de cualificacións finais de xuño ao alumnado polo profesorado titor. Eses mesmos días, aproveitarase para proceder á devolución dos libros de texto concedidos no Fondo solidario 2019-20, así como, no caso do alumnado de 1º ESO, das fianzas polo uso das taquillas de aula.

Prevencións sanitarias
do procecedemento

Co fin de tomar prevencións de distanciamento e seguridade, todo o procedemento farase escalonando aos diferentes grupos e atendéndoos por seccións. Por isto, é sumamente importante o cumprimento dos horarios establecidos: non se atenderá a ningún alumno/a fóra das horas que lle correspondan ao seu grupo. 

Envío das cualificacións
a través de ABALAR móbil

As familias que dispoñan de ABALAR recibirán tamén as cualificacións a través da aplicación a partir das 15:00 horas do día que lles corresponda, co que, se non teñen que devolver libros do Fondo, non terán necesidade de vir ao centro a recoller os boletíns impresos se así o desexan.

 HORARIOS DA ENTREGA DE NOTAS E
DA DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO 2019-20

XOVES DÍA 25 DE XUÑO
CURSOPROCEDEMENTOHORARIO
1º BACH.Entrega de boletíns de cualificación09:00 horas
4º ESO AEntrega de boletíns de cualificación10:00 horas
Devolución dos libros do fondo10:15 horas
4º ESO B Entrega de boletíns de cualificación10:45 horas
Devolución dos libros do fondo11:00 horas
1º ESO A Entrega de boletíns de cualificación11:30 horas
Devolución dos libros do fondo11:45 horas
1º ESO B Entrega de boletíns de cualificación12:15 horas
Devolución dos libros do fondo12:30 horas
1º ESO C Entrega de boletíns de cualificación13:00 horas
Devolución dos libros do fondo13:15 horas

 

VENRES DÍA 26 DE XUÑO
CURSOPROCEDEMENTOHORARIO
3º ESO AEntrega de boletíns de cualificación10:00 horas
Devolución dos libros do fondo10:15 horas
3º ESO B Entrega de boletíns de cualificación10:45 horas
Devolución dos libros do fondo11:00 horas
2º ESO A Entrega de boletíns de cualificación11:30 horas
Devolución dos libros do fondo11:45 horas
2º ESO B Entrega de boletíns de cualificación12:15 horas
Devolución dos libros do fondo12:30 horas
2º ESO C Entrega de boletíns de cualificación13:00 horas
Devolución dos libros do fondo13:15 horas

NOTA: as persoas que non devolvan os libros do Fondo no horario sinalado, poderán facelo entre o 1 e o 7 de xullo solicitando unha cita previa a través do teléfono do centro.

FONDOLIBROS 2020-21

FONDO SOLIDARIO
DE LIBROS DE TEXTO (ESO)

(Resumo)

Aberto prazo para a presentación de solicitudes de participación no
Fondo solidario de libros de texto para cursos de ESO (2020-2021)

Descargar información

*          *          *

PRAZO
do 20 de maio ao 21 de xuño

LUGAR
na Secretaría do centro ou a través da sede electrónica da Consellería de Educación (con certificación dixital)

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Fotocopia do DNI ou NIE de todos os membros da unidade familiar para resolver posibles dúbidas nos datos dos formularios.
     
  • Documentación complementaria (a que lle corresponda a cada un):


a) Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. No caso de que non haxa Libro de familia, que o pai e ani ou titor ou titores carezan de DNI e NIE, certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou de órgano equivalente do concello onde resida a familia.

b) En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor. 

c) Certificación do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en sitación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DESTE CURSO

A devolución dos libros deberá efectuarse antes do 7 de xullo (agás alumnado con materias pendentes para setembro, que poderá facer a devolución ata o 10 de setembro). Os últimos días de clase prepararase unha xornada de devolución.

Libros de texto 2022/23

Libros de texto e material escolar

(Curso 2022/23)

Relación de libros de texto para o curso 22-23 proporcionada
polas Xefaturas dos departamentos didácticos do centro.


OS DATOS DOS LIBROS SON OS QUE NOS PROPORCIONAN AS XEFATURAS DE CADA DEPARTAMENTO

A Secretaría do centro non se fai responsable dos erros ou inexactitudes
nos datos que figuran na listaxe.

Para aclaracións, os interesados deberán acudir
aos/ás xefes/as dos departamentos correspondentes

 

Actualizado a 01/07/2022 (libros de Matemáticas de 1º ESO e Relixión en 1º, 3º ESO e 1º BACH, correxido ISBN libro de BioXeo de 3º ESO, eliminada versión inglésa de Matemáticas en 3º ESO, modificado ISBN do libro de Física e química de 3º ESO, engadido o libro de exercicios de francés en 1º e 3º ESO, modificado ISBN do libro de Música de 2º ESO, eliminado o libro de Música de 4º ESO por indicación do Dpto.)

ESOBACHARELATO
1º ESO1º BACHARELATO
2º ESO2º BACHARELATO
3º ESO 
4º ESO
 

 

LISTAXE DE MATERIAL ESCOLAR NECESARIO PARA DETERMINADAS MATERIAS

Material necesrio para Educación Plástica, visual e audiovisual de 1º ESO


*   *   *

NOTA MOI IMPORTANTE: LEAN AS ANOTACIÓNS QUE FIGURAN NAS RELACIÓNS DE LIBROS. Recoméndase agardar a setembro para adquirir os libros de texto. Aínda que nas listaxes de libros búscase a maior exactitude, pode haber docentes que se incorporen en setembro que prefiran non utilizar os libros e proporcionar materiais propios a través da Aula Virtual, en pdf ou en dossier de fotocopia.

Distribuir contido


by Dr. Radut