Skip to Content

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DO
FONDOLIBROS 2022-23
(Actualizado a 19/07/2022)

Actualización das listaxes

Publícanse as listaxes provisionais actualizadas tras a resolución das reclamacións presentadas e a actualización de datos de matriculados. Teñan en conta que estas circunstancias alteran o reparto de grupos. As listaxes poden consultarse a través da aplicación informática do fondo libros ou no taboleiro de anuncios da secretaría do centro.

 

Publicación de admitidos e excluídos

     O día 11 de xullo a partir das 22:00 horas publicaranse as listaxes de asignacións provisionais do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2022-23. Lembren que:

A. as listaxes só poden consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Elviña a partir das 10:00 horas do día 12 ou desde o mesmo instante da súa publicación a través da sección de cidadáns da aplicación informática do fondolibros se dispoñen de certificación electrónica ou chave 365.

B. nas listaxes provisionais NON SE FAI ASIGNACIÓN DE LIBROS, só se informa da cantidade mínima de libros que lle corresponden a cada solicitante por renda. A asignación de libros faise nas listaxes definitivas do día 22 de xullo.

C. as persoas solicitantes que aparecen excluídas do Fondolibros poden estalo por distintas causas:

a) problemas cos datos fiscais: as bases de datos de facenda non reflicten datos fiscais dalgún membro da unidade familiar (deben aportar a documentación necesaria na secretaría do centro)

b) problemas coa documentación: deixaron sen entregar documentación necesaria

c) devolución de libros incompleta: deixaron libros da convocatoria 21-22 sen devolver

d) matriculación pendente: téñase en conta que as persoas que formalizasen a matrícula o mesmo día 11 de xullo aparecen rexeitados porque a aplicación tarda un día en volcar os datos de matrícula. Sairán aceptados nas listaxes definitivas.

e) outras causas de exclusión: deberá aportarse documentación necesaria, de ser o caso.


Subsanación de carencias ou erros

   Os solicitantes poderán subsanar as carencias de documentación ao longo desta semana, pero non se actualizarán os seus datos ata a publicación das listaxes definitivas.

Vales de material

    Os vales de material que aparezan xa asignados nas listaxes provisionais poderán recollerse na secretaría do centro a partir do xoves día 14 de xullo no horario de atención de verán (de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres laborables).



page | by Dr. Radut