Skip to Content

ADMISIÓN 2021-22. PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Infórmase aos interesados de que, rematado o prazo oficial de reclamacións tras da publicación das listaxes provisionais de admisión, as listaxes provisionais pasan a ter condición de definitivas. Estas listaxes definitivas quedarán publicadas para a súa consulta no taboleiro de anuncios da secretaría do centro, tal e como esixe a lei, ata o comezo do curso 21/22. Tamén poderán consultarse, se dispoñen de certificado electrónico, a través da entrada de familias da propia aplicación informática de admisión.

Dacordo co Art. 32 da Orde de 12 de marzo de 2013, contra esta relación definitiva as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.



page | by Dr. Radut