Skip to Content

Programa municipal "A Coruña no Mundo"

Bolsas de estudios Junior Year 2018/2019:

1º Bacharelato en EE.UU.

Junior Year 2018

     O Concello da Coruña abre o seu programa de bolsas de axuda dentro do Progama A Coruña no Mundo, destinado ao alumnado que cursa este ano 4º de ESO e desexe facer o seu 1º curso do Bacharelato (Grao 11 no sistema americano) nun instituto dos EE.UU.
     As bolsas de axuda ofrécense proporcionalmente dependendo da renda familiar e cubren un ano enteiro de estudios no estranxeiro. O prazo de solicitude comezará o día 27 de Novembro e rematará o día 11 de Decembro ás 14:00 horas. As bases completas da convocatoria e as características do programa poden consultarse e descargarse clicando AQUÍ.



page | by Dr. Radut